The Bangles é unha banda estadounidense de pop rock formada nos Ánxeles, California, en 1981. O grupo gravou varios sinxelos que entraron no top 10 dos Estados Unidos durante os anos 80, incluídos "Manic Monday" (1986), "Walk Like an Egyptian" (1986), "A Hazy Shade of Winter" (1987), "In Your Room" (1989), e "Eternal Flame" (1989).
A formación clásica da banda consistía nas membros fundadoras Susanna Hoffs (voces e guitarra rítmica), Debbi Peterson (batería e voces), e Vicki Peterson (guitarra solista e voces), xunto con Michael Steele (baixo e voces). En xuño de 2018 a banda estaba composta por Hoffs, Debbi, Peterson e a baixista Annette Zilinskas.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloAll Over the Place1984Columbia RecordsDifferent Light1986Columbia RecordsEverything1988Columbia RecordsDoll Revolution2003Koch RecordsSweetheart of the Sun2011Waterfront Records
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais dos Ánxeles Categoría:Grupos musicais de pop rock Categoría:Grupos musicais formados en 1981 Categoría:Bandas de mulleres