Ex Hex é unha banda estadounidense de indie rock formada no ano 2013 en Washington, D.C. O grupo está composto por Mary Timony, Betsy Wright e Laura Harris. Ex Hex gravou o seu primeiro sinxelo, "Hot and Cold", no soto de Timony, e posteriormente gravou o álbum Rips, con Mitch Easter e Jonah Takagi. Foi editado o 7 de outubro de 2014 a través do selo Merge Records. O grupo xirou extensamente, tocando con Speedy Ortiz, King Tuff, Rocket from the Crypt e The Jacuzzi Boysentre outros. Ex Hex actuou no festival de Coachella no verán de 2016. A banda toma o seu nome do álbum en solitario de Timony Ex Hex, editado en 2005.
O 9 de xaneiro de 2019 a banda anunciou o seu segundo álbum, It's Real, publicado o día 22 de marzo dese ano a través de Merge Records.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloRips2014Merge RecordsIt's Real2019Merge Records
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Washington, D.C. Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de garage rock Categoría:Grupos musicais de garage punk Categoría:Grupos musicais formados en 2013 Categoría:Bandas de mulleres