Threskiornis solitarius, coñecida vulgarmente como ibis da Reunión, ibis sagrado da Reunión ou solitario da Reunión, é unha especie de ave da orde dos pelecaniformes, da familia dos tresquiornítidos e subfamilia dos tresquiornitinos, unha das seis integradas no xénero Threskiornis, endémica da illa da Reunión, que se extinguiu a comezos do século XVIII.BirdLife International (2017): Threskiornis solitarius na Lista vermella da UICN. Versión 2019.2. Consultada o 9 de outubro de 2019.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1848 polo político liberal, entomólogo, ornitólogo e mastozoólogo belga Edmond de Sélys Longchamps.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:
Apterornis solitarius Sélys, 1848 Raphus solitarius Sélys, 1848 Didus apterornis (Schlegel, 1854) Pezophaps borbonica Bonaparte, 1854 Ornithaptera borbonica (Bonaparte, 1854) Apterornis solitaria (Milne-Edwards, 1869) Didus borbonica (Schlegel, 1873) Didus borbonicus (Schlegel, 1875) Ornithaptera solitarius (Hachisuka, 1953) Victoriornis imperialis Hachisuka, 1937 Borbonibis latipes Mourer & Moutou, 1987
Características Vellos escritos describen que tiña unha plumaxe de cor branca, coas puntas das ás e a cola negras. Unha mandíbula superior fósil mostraba que o peteiro era máis curto e máis recto que o dos ibis. Con todo, parecíase moito a un pequeno ibis sagrado, pero coas ás e o peteiro curtos.
Este ibis medía uns 70 cm de lonxitude. morfoloxicamente estaba moi preto do ibis sagrado (Threskiornis aethiopicus), coa excepción, como quedou dito, do peteiro, máis curto e máis recto; e o diámetro da pata era maior. A súa masa estímase en aproximadamente 3 kg.Mourer-Chauviré, Cécile et al. (2000): "Le Solitaire de la Réunion", en Bull. SEOR n°5-6 p.14-18.
As ás non estaban atrofiadas, pero a configuración dos ósos mostra que esta ave voaba pouco ou mal.
Historia Talvez sexa unha ave descuberta polos navegantes portugueses en 1613.
Até 1995 supoñíase que era un parente do dodo (Raphus cucullatus), e se clasificou, por tanto, na subfamilia dos rafinos (Raphinae) —clado considerado xeralmente como unha subfamilia dos colúmbidos— de aves non voadoras extintas, chamadas antigamente didinos (Didini),Este nome provén dun nome científico hoxe obsoleto do dodo, Didus. que habitaron nas illas Mascareñas de Mauricio e Rodrigues, e se lle deu o nome de Raphus solitarius''.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Raphus solitarius en The extinction website.
Categoría:Animais descritos en 1848