No anime e manga Neon Genesis Evangelion, os son seres alieníxenas ficticios que atacan Tokyo-3. Son os principais antagonistas da historia e foron deseñados por Yoshiyuki Sadamoto.
Descrición Aínda que todos teñen formas e habilidades moi diferentes, os Anxos caracterízanse por ter varios elementos comúns, como a proxección de campos AT, unha fonte de enerxía interna chamada motor S² e un núcleo externo, cuxa destrución é a miúdo a única forma na que un Anxo pode ser derrotado. Malia que están compostos dunha forma de materia completamente diferente ("caracterizados por propiedades tanto de partículas como de ondas, como a luz") o código xenético dos Anxos é un 99,89% semelante ó dos humanos.Neon Genesis Evangelion, episodio 5: Ritsuko: "Although they [the Angels] are composed of a different form of matter, their actual composition, in terms of the arrangement and spacing of the pattern, falls within a 99.89% match of human genes."
Os dous primeiros Anxos, Adán e Lilith, son os proxenitores dos outros dezaseis."Extras: Eva Glossary". Neon Genesis Evangelion official ADV site Mentres que os primeiros quince Anxos son descendentes de Adán, os seres humanos son descendentes de Lilith. Usando a historia bíblica da árbore do coñecemento do ben e do mal, os Anxos son descritos por ter comido da "froita da vida", que lles concedeu a inmortalidade.''Neon Genesis Evangelion, episodio 24: Tabris: "As an Angel, I am destined to live forever..." Por outra banda, na serie os Anxos tamén son descritos como camiños evolutivos diferentes que a humanidade podería ter tomado.
Notas
Categoría:Personaxes de Neon Genesis Evangelion