Kazuya Tsurumaki (; Tsurumaki Kazuya), nado en Gosen, na prefectura de Niigata o 2 de febreiro de 1966, é un director xaponés de anime.
Traxectoria É un dos colaboradores de Hideaki Anno e un animador de Gainax. O primeiro proxecto de Tsurumaki en Gainax foi como director de animación na serie de televisión de 1990 Nadia: The Secret of Blue Water. Tsurumaki tamén foi o director de secuencias humorísticas "omake" (extras) que se estrearon coa serie, e foi produtor de "Nadia Cinema Edition". En 1995, Tsurumaki traballou como asistente do director baixo as ordes de Hideaki Anno no anime de Gainax Neon Genesis Evangelion, onde exerceu como produtor, director de arte e asistente de dirección nalgúns episodios. En 1997, dirixiu o episodio 25', a primeira metade do remate cinematográfico da serie, Evangelion: O final de Evangelion. En 2000, Tsurumaki fixo o seu debut como director coa serie de OVAs, FLCL. En 2004, dirixiu a secuela do éxito Gunbuster, chamada Aim for the Top 2! ou Diebuster. Posteriormente traballou como director nos novos filmes de Evangelion, a saga Rebuild of Evangelion. Tamén dirixiu no ano 2017 o especial de anime The Dragon Dentist.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados na prefectura de Niigata Categoría:Directores de cinema do Xapón