Vicente-Santiago Soto Martínez, nado en Pontevedra cara a 1911, foi un mestre e político galego.
Traxectoria Estudou maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. Foi socio fundador da Casa del Maestro de Pontevedra.El Pueblo Gallego, 22-3-1934, p. 11. Fixo o cursiño de selección profesional para o ingreso no maxisterio de 1936.El Noticiero Gallego, 18-5-1936, p. 5. De ideoloxía socialista.
Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na defensa do goberno civil pontevedrés e na requisa de armas. Foi detido e xulgado en consello de guerra en Pontevedra por rebelión militar o 4 de febreiro de 1937 con Timoteo Blanco Abal, José Campos Villar, Adolfo Caeiro García e José Elías Silva Caneda.El Diario de Pontevedra, 4-2-1937, p. 2. Un informe da Garda Civil considerábao "De dudosa conducta y antecedentes, simpatizante del frente popular, propagandista de izquierdas". Condenado a cadea perpetua, pasou pola illa de San Simón e despois foi trasladado ao Forte de San Cristovo de Pamplona, onde chegou o 11 de outubro. Conmutada a súa pena a catro anos o 26 de xuño de 1940, saíu con prisión atenuada o 20 de agosto.
Notas
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1911 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes