Monneron é o apelido dunha familia francesa relevante na fin do século XVIII nos ámbitos comercial, financeiro e político."Frères Monneron, histoire d'une faillite...". En Infonumis. Le sote de la numismatique française moderne 1789-2001."Les Monneron". En Bouchary, J. (1939). Tomo III."Monnerons Issued! ". En SohoMint.info.

Tres dos seus membros fundaron a compañía Monneron Frères Negociants, no sector da banca e os investimentos, que emitiu as primeiras moedas de necesidade de Francia, coñencidas no ámbito numismático como monnerons."Monneron". En Infonumis. Le site de la numismatique française moderne 1789-2001.

A familia Esta familia era orixinaria da vila de Empurany, departamento de Arnéche, na rexión francesa de Auvernia-Ródano-Alpes, aínda que se estableceu en Chanas, Isère, despois de 1550. Antoine Monneron (1703-1791), un comerciante de sal nado nesta última vila, e a súa esposa, Barbe Catherine Arnault (1718-1792), tiveron unha vintena de fillos, dos que polo menos oito morreron nos primeiros anos. Antoine, que era membro da Loxa da Verdadeira Virtude, chegou a ser avogado no Parlamento de Antibes, nos Alpes Marítimos, e Controlador Xeral de Granxas do Rei.O "Parlamento" no Antigo Réxime de Francia era unha especie de tribunal superiore de xustiza provincial. Véxase: Saint-Bonnet, F. (2010). "Le contrôle a posteriori : les parlements de l'Ancien Régime et la neutralisation de la loi". En Cahiers du Conseil Constitutionnel. Nº 28.Bergeron, L. (1999). Páxinas 49, 88, 91, 93, 118, 274, 326, 337-338.Árbore xenealóxica da familia Monneron. En Geneanet.

Os irmáns Monneron Estes son os fillos de Antoine Monneron e Barbe Catherine Arnault dos que se coñecen datos:"Frères Monneron". En Portraits d'Ardéchois.

Charles Claude Ange (1735-1799). Político e comerciante. Antoine Joseph (1736-1815). Político e comerciante. Jean Antoine Monneron (1737-?). Militar. Gaspard François (1741-1825). Cóengo. Jean Louis (1742-1805). Político e comerciante. Jean Marie (1746-1811). Cóengo. Pierre Antoine (1747-1797). Político e comerciante. Paul Mérault (1748-1788). Enxeñeiro militar. Joseph François Augustin (1756-1826). Político e comerciante.

miniatura|263x263px|Carta de Luis Monneron sobre o Decreto do 15 de maio de 1791 en favor dos "homes libres de cor".

Varios dos irmáns ligaron o seu destino á incipiente República Francesa e á súa historia política, financeira e comercial.

O máis vello, Charles, membro como o seu pai da Loxa da Verdadeira Virtude, foi o primeiro intendente xeral da Compañía Francesa das Illas Orientais. Logo da proclamación dos Estados Xerais, o reino entrou en dificultades orzamentarias e os tres irmáns máis vellos amosaron as súas intencións de xogar un papel político como representantes dos intereses económicos de Francia en ultramar.

Convertidos en membros da burguesía mercantil e colonial, Charles Claude, Pierre Antoine e Jean Louis foron elixidos representantes, en abril de 1789, na asemblea que se debía reunir para os Estados Xerais. Representaban respectivamente, para o Terceiro Estado, as xuridicións de Annonay, a colonia de Illa de Francia e as Indias Orientais, e foron confirmados nos seus postos o 9 de xullo tras a constitución da Asemblea Nacional Constituínte. En 1792 presentaron a súa dimisión como consecuencia dunha operación financeira.

Monneron Frères Negociants (Banque Monneron) miniatura|Papel de banco emitido o 21 e o 23 de novembro de 1800 logo da fusión entre o Banco de Francia e a Caisse des Comptes Courants. Os tres deputados monneron asociáronse para constituíren unha compañía con sede en París, que denominaron Monneron Frères Negociants, coñecida tamén como Banque Monneron, coa que fixeron contratos coa Convención, e estableceron sucursais polas principais vilas de Francia. Esta compañía xogou un importante papel nas finanzas francesas da época e os tres irmáns chegaron a fundar unha institución bancaria, a Caisse des Comptes Courants, que acabou por se fusionar co Banco de Francia en 1800."La Caisse des Comptes Courants". En Les dirigeants de la Banque de France sous le Consulat et l'Empire. Cambaceres.fr

Porén, unha serie de operacións sen éxito deu cos negocios dos Monnerón na ruína, en marzo de 1792, e coa fuxida de Pierre Antoine.

As moedas "monneron" miniatura|228x228px|Anverso do monneron de 5 soldos de 1972. miniatura|234x234px|Reverso da mesma moeda.

Os irmáns Monneron encargaron a Matthew Boulton a fabricación en Inglaterra de moedas con valores de dous e de cinco soldos (sols) no seu taller de Soho, en Birmingham, en 1791, aproveitando as posibilidades que outorgaba a nova máquina de vapor de James Watt. O deseño das moedas de cinco soldos e o gravado dos seus cuños correu a cargo de Augustin Dupré, e o das de dous soldos a cargo de Ponton, en tanto que do proceso de cuñaxe se ocupou Jean Pierre Droz.Torres, J. (2012). "Auge y caída de la acuñación a volante. Jean-Pierre Droz y Philippe Gengembre". En Revue Numismatique. Nº 168. Páxinas 326-333.

Estas moedas de necesidade tiñan como misión suplir a escaseza de circulante de valores baixos en cobre que reinaba na Francia da época, e a súa calidade tanto técnica como estética superou con moito as mediocres cuñaxes oficiais.

Mediante unha comisión, os irmáns Monneron propuñan cambiar as súas moedas (que denominaban "moedas de confianza") contra assignats (o papel moeda emitido pola Asemblea Nacional durante a Revolución) consonte un baremo invariable de 50 libras tornesasA libra tornesa era unha moeda de conta francesa equivalente a 240 diñeiros ou 20 soldos, que se deixou de usar coa imposición do franco. Véxase: Wailly. (1857). Mémoire sur les variations de la livre tournois. Impr. Impériale. París. Páxina 222.. Mais o seu exceso de confianza nas emisións de assignats revolucionarios e a súa rápida desvalorización deixounos cun enorme stock de assignats, en tanto que a poboación acumulaba as moedas, á medida que o cobre ía escaseando. Os Monneron cuñaran unha tiraxe de varios millóns de exemplares en Inglaterra, para o que tiveran que desembolsar importantes cantidades de diñeiro efectivo en ouro e en prata, o que trouxo consigo unhas perdas de tal envergadura que acabaron por provocar a creba.

Tras a bancarrota de marzo de 1792 e a conseguinte fuxida de Pierre Antoine, o seu irmán Augustin intentou retomar estas emisións, mais unha lei do 3 de maio dese mesmo ano prohibiu a circulación de calquera tipo de moeda privada, o que se viu confirmado despois cun decreto do 3 de setembro que impedía a circulación de moedas de confianza. Nesta conxuntura, os monneron acabaron a súa circulación na fin de 1793."Décret du 3 setembre 1792 qui défend a tout particulier de fabriquer ou faire fabriquer des monnais de métal telles que médailles de confiance..."."Monnerons Banned! ". En SohoMint.info.

Tipoloxía das moedas miniatura|Anverso, reverso e canto dun monneron de 5 soldos de 1792. Á parte das sinaladas nas seguintes táboas, existen pequenas variantes de cuño e ensaios destas mesmas moedas noutros metais, así como probas doutros deseños, mesmo con valor dun soldo, algunhas delas supostamente de época posterior. Ningunha desas probas e ensaios chegou a fabricarse en serie nin, xa que logo, a circular."Récapitulatif et cotes des monnerons les plus courants". En Infonumis. Le site de la numismatique française moderne 1789-2001.

As moedas de dinco soldos teñen un diámetro de 40 mm e un peso que oscila entre 30 g e 33 g. O diámetro das de dous soldos é de 32 mm e o seu peso entre 17 e 18 g.

+Moedas de 5 soldosDataMotivo principalLenda do anversoLenda do reversoCantoNotas1791A/ Pacto federativo.Celébrase o xuramento da Festa da Federación do 14 de xullo de 1790, que conmemora a Toma da Bastilla.VIVRE LIBRE OU MOURIR / PACTE FEDERATIF / XIII JUILLET MDCCXCMONNERON FRERES NEGOCIANS A PARIS (data) / MEDAILLE DE CONFIANCE DE CINQ - SOLS A ECHANGER CONTRE DES ASSIGNATS DE 50L ET AU DESSUS / L'AN III DE LA LIBERTEDEPARTEMENTS DE PARIS DE RHONE DE LOIRE DU GARDDúas variantes segundo a posición da data.1792A/ Pacto federativoVIVRE LIBRES OU MOURIR / PACTE FEDERATIF / 14 JUILLET 1790MONNERON FRERES NEGOCIANS A PARIS (data) / MEDAILLE DE CONFIANCE DE CINQ - SOLS REEMBOURSABLE EN ASSIGNATS DE 50L ET AU DESSUS / L'AN III DE LA LIBERTEDEPARTEMENTS DE PARIS DE RHONE DE LOIRE DU GARDVariante con L'AN IV no reverso e DEPARTEMENS DE PARIS RHONE LOIRE DU GARD no canto.1792A/ Pacto federativoVIVRE LIBRES OU MOURIR / PACTE FEDERATIF / 14 JUILLET 1790REVOLUTION FRANÇAISE (data) / MEDAILLE QUI SE VEND 5 - SOLS A PARIS CHEZ MONNERON PATENTÉ / L'AN IV DE LA LIBERTÉBON POUR LES 83 DEPARTEMENTSVariante con DEPARTEMENS no canto.1792A/ Pacto federativoVIVRE LIBRES OU MOURIR / PACTE FEDERATIF / 14 JUILLET 1790REVOLUTION FRANÇAISE (data) / MEDAILLE QUI SE VEND 5 - SOLS A PARIS CHEZ MONNERON PATENTÉ / L'AN IV DE LA LIBERTÉLA CONFIANCE AUGMENTE LA VALEURA disposición en liñas do texto do reverso difire do modelo anterior.1792A/ HérculesLES FRANÇAIS UNIS SONT INVINCIBLES / L'AN IV DE LA LIBERTÉREVOLUTION FRANÇAISE (data) / MEDAILLE QUI SE VEND CINQ - SOLS A PARIS CHEZ MONNERON PATENTÉLA CONFIANCE AUGMENTE LA VALEUR

+Moedas de 2 soldosDataMotivo principalLenda anversoLenda reversoCantoNotas1791A/ Liberdade sedenteLIBERTE SOUS LA LOI / L'AN III DE LA LIBETRTÉMONNERON FRERES NEGOCIANS A PARIS / MEDAILLE DE CONFIANCE DE DEUX SOLS A ECHANGER CONTRE DES ASSIGNATS DE 50L ET AU DESSUS (data)BON POUR BORD. MARSEIL. LYON. ROUEN. NANT. ET STRASB.1792A/ Liberdade sedenteLIBERTE SOUS LA LOI / L'AN IV DE LA LIBETRTÉREVOLUTION FRANÇAISE (data) / MEDAILLE QUI SE VEND DEUX SOLS A PARIS CHEZ MONNÉRON PATENTÉLA CONFIANCE AUGMENTE LA VALEUR1792A/ Hércules.

R/ Pirámide.LA SAGESSE GUIDE SA FORCE / LA FIN DU DESPOTISMERESPUBLICA GALLICA ANNO 1MOLA CONFIANCE AUGMENTE LA VALEUR

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Napoleón I de Francia Moeda de necesidade Augustin Dupré Jean Pierre Droz Ceca de Soho

Bibliografía

Bergeron, L. (1999). Banquiers, négociants, et manufacturiers parisiens du Directoire à l'Empire. École des hautes études en sciences sociales. ISBN 9782713212857 Bouchary, J. (1939). Les Manieurs d'argent à Paris à la fin du XVIII siècle. Librairie des sciences politiques et sociales, M. Rivière et cie. Bouchet, F. (2010). Les Monnerons histoire d'un monnayage. Éd. Les Chevau-Léger. ISBN 978-2916996240 Reynaud, M. (2016). Monnaies de confiance. 1791-1792, Éd. Monnaies d'Antan.

Categoría:Familias Categoría:Personalidades de Francia Categoría:Moedas de Francia Categoría:Empresas de Francia Categoría:Bancos e caixas de aforro de Francia Categoría:Nados no departamento de Ardèche