Nikolai Alekseevich Nekrasov (en ruso Николай Алексеевич Некрасов), nado en Nemirov (Gobernación de Podolia) o 10 de decembro de 1821 e finado en San Petersburgo o 8 de xaneiro de 1878, foi un poeta e autor teatral ruso.
Traxectoria Naceu nunha familia de terratenentes e a súa infancia transcorreu nas beiras do río Volga, das que contou as súas grandezas e miserias nos seus versos. Dende moi neno padeceu un ambiente familiar tenso, coas cacerías e ruidosas bacanais que organizaba o seu pai, e as escenas de castigos, maltratos e desprezos que este, home despótico e cruel, inflixía aos seus servos campesiños deixaron fonda impresión na mente e no espírito do futuro poeta. Cursou estudos en distintos internados e no instituto público de Iaroslavl, onde comezou a escribir algunhas poesías satíricas e se interesou polo teatro; porén, estudaba mal e apenas foi capaz de facer cinco cursos en seis anos. En 1838 chegou a Moscova e intentou dous anos consecutivos ingresar na universidade, mais non logrou superar os exames de ingreso. Malviviu os tres anos seguintes, durmindo en albergues para vagabundos e escribindo cartas de encargo na praza do mercado a cambio de comida. A súa primeira poesía, "Дума" ("O pensamento"), publicouse en 1838 na revista Syn otechestva.
En febreiro de 1840 Nekrasov publicou a súa primeira colección de poemas empregando as iniciais "N. N." seguindo o consello do seu patrón Vasili Zhukovski que suxeriu que o autor podía sentirse avergoñado polos seus exercicios infantís nalgúns anos.Garkavi, A.M. N.A.Nekrasov's biography. Timeline. The Works by N.A.Nekrasov in 8 vol. Khudozhestvennaya Literatura, Moscova. 1967. Vol. VIII. Pp. 430-475 O libro, con críticas favorables de Piotr Pletniov e Ksenofont Polevoi, foi rexeitado por Alexei Galakhov e Vissarion Belinsky. Varios meses máis tarde, Nekrasov destruíu os exemplares non vendidos. Algunhas copias que sobreviviron convertéronse nunha rareza dende entón.
Buscando a súa identidade literaria, escribiu varios vodevís que se estrearon con éxito e boa crítica, mais tampouco era este o camiño que quería seguir.
A súa verdadeira actividade chegou coa adquisición dos dereitos de publicación das revistas Sovremennik en 1847 e Anais da Patria en 1866, onde colaboraron as plumas máis importantes das letras rusas. Na medida que se ía radicalizando cara á esquerda a postura da primeira delas, foron marchando dela os aristócratas Lev Tolstoi, Ivan Turgenev, Goncharov, Saltikov-Shchedrin, e entraron os narodniki ou "populistas" e "heteroxéneos", homes máis afíns ás ideas social-revolucionarias, como Nikolai Dobroliubov, Nikolai Chernishevski, Vissarion Belinski, Nikolai Pomialovski, Fiodor Reshetnikov e outros, amigos e colaboradores de Nekrasov.
As Obras completas de Nekrasov, do grupo de poetas populistas e cantor do campo e das liberdades cívicas, ocupan doce tomos. Está enterrado no cemiterio Novodevichi de San Petersburgo. Catro mil persoas acudiron ao seu enterro, e a comitiva converteuse nunha manifestación política.
Obra A obra poética de Nekrasov é ampla, polifacética e rica, cunha temática variada: poesía lírica e intimista, cívica e social e, moi especialmente, de temática campesiña, mais sempre cun carácter de denuncia social, protesta e inconformismo. A actitude crítica e negativa ante o estado das cousas constitúe a característica esencial da súa creación poética.
Tamén se ocupou dos nenos escribindo para eles unha serie de poemas como Дедушка Мазай и зайцы (1870).
Nos seus últimos anos, canso de loitar e enfermo, escribiu fermosas elexías e poesías líricas intimistas, en que intenta resumir a súa vida, próxima á súa fin.Skatov, N.N. Nekrasov. Contemporaries and Followers// Современники и продолжатели. Páx. 258
Notas
Véxase tamén Bibliografía "Nikolai Alekseevich Nekrasov" in the Russian Biographical Dictionary (online) Terras, Victor. A History of Russian Literature. Ligazóns externas Several poems by Nekrasov translated into English English translations of 3 poems by Babette Deutsch and Avrahm Yarmolinsky, 1921 English translations of 4 short poems English translation of "A Friendly Correspondence Between Moscow and Petersburg" in The Hopkins Review Some texts by Nikolai Nekrasov in the original Russian Nekrasov Library
Categoría:Nados na rexión de Vinnytsia Categoría:Nados en 1821 Categoría:Finados en 1878 Categoría:Escritores de Rusia Categoría:Escritores en lingua rusa