O chócue, chokwe, ou quioco é unha lingua bantú falada en zonas de Angola, a República Democrática do Congo e Zambia.
Outros nomes O chócue ten varios nomes alternativos, sendo coñecido tamén, ademais de pola forma vernácula côkwe, por chokwe, ciokwe, djok, kioko, quioco, tchokwê, shioko, tchocué, tshokwe e tschiokloe.
Dialectos Distíngunse tres dialectos do chócue: o minungo, o ulanda e o ukhongo.
Distribución e falantes En 1991 en Angola falábano unhas 456 000 persoas, localizadas no nordeste, o sur e o norte de Lunda, no leste de Bié, o oeste do Moxico, na rexión central de Cuando Cubango, en Cunene e en Malanje. Na provincia de Luanda, a capital, é máis falado no municipio de Viana.
Esta lingua só está oficiamente recoñecida en Angola, onde é usada como lingua franca no leste do país. Nese ano aproximadamente medio millón falábana na República Democrática do Congo, e tan só uns 44 200 en Zambia, en 1986,Informe de Ethnologue sobre a lingua chokwe, Consultado o 22 de setembro de 2019. Neste último país, no ano 2000 os falantes reducíranse a 20 000.Chokwe en Ethnologue (18ª ed., 2015). Consultada o 22 de setgembro de 2019.
É unha das principais linguas nacionais de Angola, tendo o Instituto de Línguas Nacionais de Angola estableceu unhas nomas ortográficas básicas para estandarizaren esta lingua para a súa mellor divulgación e utilización.Lewis, M. Paul: Ethnologue. Languages of the World Sexta ed. Dallas, Texas, USA: SIL International. ISBN 978-1-55671-216-6. Consultado o 22 de setembro de 2019.
Algunhas expresións
musono unapema - (hoxe está bo) mbungue - (corazón) tweya - (ven) mutu - (persoa) chimene-chipema - (bos días) chindele - (branco) katapi - (cacahuete) chingahi? - (canto custa?) samanhonga - (pensador) ishimo - (proverbios) muanapwo - (muller moza) mbolo - (pan) ua - (toma) landa kanawa- (compra ben) zungo - (silencio) Yesu - (Xesús) tambele - (igrexa)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Pobo chócue
Categoría:Linguas bantús Categoría:Linguas de Angola Categoría:Linguas da República Democrática do Congo Categoría:Linguas de Zambia