Blanca Nieves Fernández Ochoa, nada en Madrid o 22 de abril de 1963 e finada en Cercedilla en 2019, foi unha deportista española, destacada no esquí alpino. Era irmá do tamén esquiador Francisco Fernández Ochoa (1950-2006).

Foi a primeira muller española en conseguir unha medalla olímpica nuns Xogos Olímpicos de Inverno, concretamente a de bronce no slálom nos Xogos Olímpicos de Albertville 1992.

Traxectoria Blanca foi a primeira filla que tivo o matrimonio formado por Dolores Ochoa e Francisco Fernández despois de cinco fillos homes. Naceu en Madrid cando a súa familia vivía no barrio de Carabanchel, pero axiña se trasladou cos seus pais e irmáns ao Porto de Navacerrada, que daquela contaba cunha poboación permanente moi reducida. Alí a súa infancia transcorreu en liberdade e en plena natureza entrando en contacto coa neve que cubría o porto durante case a metade do ano.

Con 11 anos e debido en gran parte ó éxito do seu irmán máis vello Paco (campión olímpico), Blanca trasladouse a un centro de adestramento con internado para deportistas de inverno en Vielha, no Pireneo de Lleida. Posteriormente uníronselle outros dos seus sete irmáns.

Participou como concursante en diversos programas de telerrealidade, como Supervivientes de Antena 3, El conquistador del Aconcagua, El conquistador del fin del mundo, ámbolos dous de EITB, e Splash! Famosos al agua de Antena 3 Televisión. Dende 2007 comezou a participar na empresa StarDreams, integrada por deportistas como Antonio Maceda, Julio Salinas, Albert Ferrer, Almudena Cid, Estela Giménez, Gervasio Deferr, Martín Fiz, Amaya Valdemoro, Fernando Romay ou Xavi Torres e dedicada principalmente ó asesoramento a directivos e executivos na mellora do rendemento laboral.

O 24 de agosto de 2019 foi vista por última vez, sendo denunciada a súa desaparición días despois, que deu inicio a uns traballos de busca sen precedentes na historia da Comunidade de Madrid. O seu corpo foi atopado preto do pico La Peñota, na contorna de Cercedilla, o 4 de setembro de 2019.

Palmarés Xogos Olímpicos Albertville 1992: 16px Medalla de bronce en eslalon.

Copa do Mundo Mellor clasificación final: 4ª en 1988. Catro vitorias:

Data Lugar País Disciplina 3 de marzo de 1985 Vail Estados Unidos Eslalon xigante 26 de novembro de 1987 Sestriere Italia Eslalon 22 de decembro de 1990 Morzine Francia Eslalon 1 de decembro de 1991 Lech am Arlberg Austria Eslalon

Premios e recoñecementos Premio Raíña Sofía á mellor deportista española en 1983 e 1988, outorgado polo CSD e entregado nos Premios Nacionais do Deporte. 15px Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo, outorgada polo Consello Superior de Deportes (1994) Vida persoal

O 18 de xullo de 1991, con 28 anos de idade, contraeu matrimonio no Mosteiro do Escorial co italiano Danielle Fioretto, o que coñecera con só 14 anos de idade cando esquiaba en Suíza. Acabaron divorciándose e contraeu segundo matrimonio con David Fresneda, con quen tivo dous fillos, David e Olivia; esta segunda unión tamén terminou en divorcio.

Notas

Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1963 Categoría:Finados en 2019 Categoría:Esquiadores alpinos olímpicos de España Categoría:Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo Categoría:Grandes cruces da Real Orde do Mérito Deportivo Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1992 Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por España Categoría:Esquiadores alpinos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1980‎ Categoría:Esquiadores alpinos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1984 Categoría:Esquiadores alpinos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1988 Categoría:Esquiadores alpinos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1992 Categoría:Medallistas olímpicos en esquí alpino