Madame Bovary é unha novela escrita por Gustave Flaubert. Publicouse por entregas en La Revue de Paris dende o 1 de outubro de 1856 até o 15 de decembro do mesmo ano; e en forma de libro, en 1857.

Foi traducida ó galego por Antonio Pichel e foi publicada pola Editorial Galaxia no ano 1994. No ano 2005, foi publicado de novo cunha tradución de Pichel dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.

Contexto histórico A orixe do realismo, movemento da segunda metade do século XIX, atópase intrinsecamente ligado á novela épica, á novela naturalista e á novela máxica. Ademais de ser unha das seleccións literarias por excelencia no xénero do chamado romanticismo tardío, Madame Bovary constitúe un dos puntos de referencia para o movemento do realismo.

Porén, a historia tamén se acha estreitamente unida ó que se coñeceu como a novela alegórica, sendo tamén unha crítica á sociedade burguesa do século XIX, posterior á Revolución Francesa e ó goberno absolutista de Napoleón en Francia. Esta obra desenvolveuse en devanditos anos

En tres partes, cunha incrible agudeza literaria, Gustave Flaubert amósanos o seu punto de vista sobre a vida da sociedade de alto rango na Francia do temperán século XIX, ó casar o personaxe principal con alguén que nada lle ofrece máis que exhibila coma se fose un trofeo. Madame Bovary é, pois, máis que unha novela, un retrato fiel e un paradigma para a literatura realista e universal e para a filosofía francesa dos séculos XIX a XX.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos  Biblioteca Galega de Clásicos Universais Ligazóns externas Texto orixinal no Project Gutenberg

Categoría:Obras literarias de 1857 Categoría:Obras literarias en francés Categoría:Obras traducidas do francés ao galego‎