Vermello e negro (en ) é unha novela psicolóxica e histórica en dous volumes escrita por Stendhal e publicada en 1830. Relata os intentos dun rapaz provinciano de ascender socialmente alén da súa modesta educación a través dunha combinación de talento, traballo duro, engano e hipocrisía. En última instancia, permite que as súas paixóns o traizoen.
Foi traducida ó galego por Antonio Pichel e foi publicada pola Editorial Galaxia no ano 1996. No ano 2005, foi publicado de novo cunha tradución de Pichel dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Colección Literaria (Editorial Galaxia) Biblioteca Galega de Clásicos Universais Bibliografía
Categoría:Obras literarias de 1830 Categoría:Obras literarias en francés Categoría:Obras traducidas do francés ao galego