Latino Salgueiro Pereira, nado en Vilaza (Gondomar) cara a 1878 e finado no mesmo concello o 21 de outubro de 1961, foi un médico e político galego.
Traxectoria Licenciado en medicina pola Universidade de Santiago de Compostela en 1905.Gaceta de Galicia, 7-10-1905, p. 3. Instalado en Gondomar ao ano seguinte, foi despois médico municipal do concello. Foi xuíz municipal de Gondomar en 1910, renunciando ao cargo en 1913.La Correspondencia Gallega, 11-2-1913, p. 2. Foi nomeado alcalde de Gondomar en marzo de 1938.El Pueblo Gallego, 22-3-1938, p. 3. Finou en Gondomar con 83 anos.El Pueblo Gallego, 22-10-1961, p. 10, 13.
Recoñecementos
Unha praza de Gondomar leva o seu nome dende 1962.El Pueblo Gallego, 29-4-1962, p. 14. Vida persoal
Casou en 1906 con Dolores Espinosa Rodríguez,El Eco de Galicia, 30-5-1906, p. 8. que finou en 1923.Vida Gallega, 25-8-1923, p. 35. Casou en segundas nupcias con María Magdalena Espinosa Rodríguez. Foi pai de Ramón (médico), Dolores (Relixiosa), José Antonio (farmacéutico), Alfonso (empresario), Sergio (practicante e mestre), Teresa , Emilio (médico) do primeiro matrimonio, e de Aureliana (farmacéutica) e Latino Salgueiro Espinosa (fundador do Cine Imperial da Ramallosa) do segundo. Notas
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Médicos de Gondomar Categoría:Alcaldes de Gondomar Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Gondomar Categoría:Finados en 1961 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes