Zona especial de conservación do Río Eo é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe fundamentalmente a cunca do río Eo, desde o seu nacemento e a afluentes como o río Rodil ata as marismas da ría de Ribadeo. Esta área de conservación ocupa 982 ha. dos concellos lucenses da Fonsagrada, A Ribeira de Piquín, Meira, A Pontenova, Riotorto, Trabada e Ribadeo.

Fauna e flora Os hábitats que protexe este espazo son os leitos e zonas húmidas dos ríos Eo e Rodil, inda que destaca pola variedade de hábitats mariños e costeiros.

Flora Nas zonas húmidas dos ríos destaca a alta variedade hábitats e a presenza de coídos con vexetación perenne, que son infrecuentes. Na costa destacan os queirogais secos de Erica vegans, as matogueiras de Laurus nobilis e turbeiras calcárias.

As especies da flora catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:

Especie Cryphaea lamyana Limonium dodartii Limonium humile Narcissus asturiensis Vandenboschia speciosa Woodwardia radicans

Fauna No río o salmón é abundante e está presente a ameixa perlífera de río, o que indica a conservación deste. Destacan entre os réptiles especies como Chioglossa lusitanica, Lacerta schreiberi e Iberolacerta monticola. No intermareal, os fangos e as areosas son espazo de parada invernal para as aves invernais.

As especies de fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:

Grupo Especie Invertebrados Anodonta cygnea Invertebrados Austropotamobius pallipes Invertebrados Echinus esculentus Invertebrados Elona quimperiana Invertebrados Geomalacus maculosus Invertebrados Ameixa perlífera de río (Margaritifera margaritifera) Invertebrados Unio pictorum Peixes Alosa alosa Peixes Gasterosteus gymnurus Peixes Petromyzon marinus Anfíbios Chioglossa lusitanica Anfíbios Hyla arborea Anfíbios Rana iberica Anfíbios Rana temporaria subsp. parvipalmata Aves Haematopus ostralegus Aves Phalacrocorax aristotelis Mamíferos Galemys pyrenaicus Mamíferos Myotis emarginatus Mamíferos Myotis myotis Mamíferos Rhinolophus ferrumequinum Mamíferos Rhinolophus hipposideros

Lexislación O río Eo foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014. O espazo natural foi declarado ademais, na súa totalidade ou coincidindo en parte, como: Zona de especial protección para as aves (ZEPA) “Ribadeo”, de 625 ha. Zona húmida protexida “Ría de Ribadeo”, de 614 ha. Zona húmida Ramsar “Ría do Eo", de 1.740 ha (que ten parte Asturias). Reserva da Biosfera “Río Eo, Oscos e Terras de Burón” (da cal é parte). Parte deste, dentro do inventario "Ría do Eo-Praia de Barayo-Ría de Foz" (IBA 007) da da SEO/BirdLife.

Galería de imaxes

Notas

Categoría:Zonas especiais de conservación en Galicia