Carlos Ulloa Varela, nado en Pontevedra en febreiro de 1849 e finado en Lugo o 26 de febreiro de 1887, foi un cantante lírico galego.Varela de Vega, Juan Bautista. “Ulloa Varela, Carlos”. Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
Traxectoria Ós quince anos comezou a súa carreira artística en Pontevedra interpretando as zarzuelas El valle de Andorra e El grumete. En 1866 obtivo a praza de baixo na catedral de Santiago de Compostela, pero pouco despois marchou estudar a Madrid. En 1873 viaxou a Milán para perfeccionar os seus coñecementos e debutou en Florencia, na ópera L'africana (Giacomo Meyerbeer) interpretando o papel de don Pedro xunto ó gran Massini. Tamén cantou en Milán o Moisés de Gioachino Rossini, con éxito. Logo disto actuou tamén no resto de teatros importantes de Italia.
No marco da viaxe que fixo a América en 1878, inaugurou na Habana o Teatro Payret. Regresou despois a Milán e Venecia, e obtivo un gran recoñecemento en Nápoles pola súa interpretación de Mefistófeles de Fausto, e tamén tivo grande éxito en Catania.
Volveu de novo a España e percorreu os teatros máis importantes, pasando dúas temporadas en Madrid e facendo varias representacións en Galicia.
Destacou especialmente nas óperas máis importantes da súa época, como Norma, La africana, Ernani, Les Huguenots, Moisés, El profeta, Lucrecia Borgia, Roberto el Diablo, Il barbiere di Siviglia e Fausto.Ano XXXIII Número 9635 - 1916 maio 31 El Diario de Pontevedra .
Foi irmán de Renato, Darío e Torcuato Ulloa Varela e cuñado de Federico de la Peña Ibáñez.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Enciclopedia Espasa. Ligazóns externas Ano II Número 243 - 28 febreiro 1887 Crónica de Pontevedra . Ano XVII Número 8636 - 1887 marzo 4 Diario de Avisos de La Coruña .
Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1849 Categoría:Cantantes de ópera de Galicia Categoría:Finados en 1887 Categoría:Baixos de España