Carola Rackete, nada en Preetz en 1988, é unha capitá e activista social alemá.
Tornouse famosa internacionalmente en xuño de 2019, tras o desembarque forzoso na illa italiana de Lampedusa co barco humanitario Sea-Watch 3. Como resultado das súas accións, foi detida polas autoridades italianas arriscándose a unha pena de 10 anos de prisión. Aínda que non foi a única persoa procesada por axudar migrantes en Europa, a súa detención considerouse un símbolo. Traxectoria Carola Rackete naceu en Preetz, unha cidade media do norte de Alemaña preto de Kiel, mais creceu en Hambühren. O seu pai, Ekkehart Rackete é enxeñeiro electrónico e un exmilitar do exército alemán.
Despois de graduarse en ciencias náuticas na Universidade de Jade (Baixa Saxonia), navegou durante dous anos en expedicións científicas no Ártico e na Antártida no marco das accións do Instituto Alemán Alfred Wegener para a investigación polar e mariña.
Notas
Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Mecklemburgo-Antepomerania Categoría:Mariñeiros Categoría:Migración