Francisco Xabier Castro Tourís, nado en Lestrobe (Dodro) en 1964, é un político galego do PSdeG.
Traxectoria Empregado no aeroporto de Santiago de Compostela e, como afección, dedícase a cría e adestramento de cans de raza rottweiler. Foi elixido concelleiro de Dodro polo PSdeG-PSOE tralas eleccións municipais de 1987, manténdose na corporación ata 2007 e sendo membro da oposición. Encabezou a candidatura nas municipais de 1995. No 2007 e no 2011 foi de novo nas listas do PSdeG pero non resultou elixido.
Regresou á corporación como candidato socialista tralas municipais de 2015, nas que conseguiu un concelleiro e se situou na oposición. Nas municipais de 2019 encabezou de novo a candidatura do PSdeG á alcaldía e conseguiu 3 concelleiros, polo que foi elixido alcalde grazas ó apoio de Unidade Veciñal de Dodro e BNG, establecendo un tripartito con ambas formacións. Nas municipais de 2023 foi a candidatura máis votada con 3 concelleiros trala escisión sufrida polo PP, polo que foi reelixido alcalde co apoio de Unidade Veciñal.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Dodro
Categoría:Alcaldes de Dodro Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Dodro Categoría:Nados en 1964 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes