María Elba Veleiro Fernández, nada en Vilagarcía de Arousa en 1955, é unha doutora e política galega do PSdeG-PSOE. Foi a alcadesa de Vilalba entre 2019 e 2023.
Traxectoria Nas eleccións municipais de 2019 a súa candidatura polo PSdeG-PSOE foi a máis votada, con oito concelleiros. Foi a primeira vez, dende as primeiras eleccións municipais en 1979 que o PPdeG non conseguiu a alcadía deste concello. Foi elixida alcaldesa o 15 de xuño co apoio do partido Vilalba Aberta. Renovou no cargo en 2023 co apoio de VA e do BNG (que se mantivo fóra do goberno municipal), mais dimitiu en outubro dese mesmo ano para regresar á medicina.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Vilalba
Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1955 Categoría:Alcaldes de Vilalba Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela