Benedicta Sánchez Vila, nada en San Fiz (O Corgo) en 1935, é unha actriz e fotógrafa galega. Mellor coñecida polo seu papel protagonista no filme O que arde (2019), polo que gañou o Premio Goya como mellor actriz revelación no ano 2020.
Traxectoria Benedicta Sanchez naceu o 31 de outubro de 1935 no lugar de San Fiz, na parroquia de Paradela do concello lucense do Corgo. A mestra de Manán de Abaixo (San Cosme de Manán), Elisa Polanco, levouna para a súa casa en Lugo, para que puidese completar os seus estudos.
Casou aos 17 anos cun mozo de Pol e marcharon vivir alí. Aos 25 anos marchou co seu home ao Brasil. En Río de Xaneiro traballou nunha casa, nun bar, nunha librería e finalmente atopou a súa paixón na fotografía, ao que se adicou o resto do tempo en América. Tivo unha filla pero anos despois separouse do seu home por malos tratos. Retornou a España coa súa filla e instalouse en Valencia. Logo volveu ó Corgo para adicarse ás terras e á casa familiar.
Foi a actriz protagonista do filme O que arde de Óliver Laxe, e pola súa interpretación, foi nomeada aos Premios Goya 2020 como mellor actriz revelación, premio que gañou.
Recoñecementos
En 2019 foille concedida a medalla Castelao.A corguesa Benedicta Sánchez, distinguida coa Medalla Castelao
En 2020 gañou o premio Goya á mellor actriz revelación.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Fama tras unha vida no anonimato
Categoría:Galegos do Brasil Categoría:Actores do Corgo Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados no Corgo Categoría:Nados en 1935