Goura sclaterii, coñecida na bibliografía internacional como pomba coroada de Sclater, ou gura de Sclater, é unha especie de ave pertencente á subclase das neornites, infraclase dos neognatos, superorde das neoaves, granorde dos columbimorfos, orde das columbiformes, subfamilia dos gurinos, unha das catro integradas no xénero Goura.Family Columbidae na IOC World Bird List. Versión 9.1, 2019, do Congreso Ornitolóxico Internacional.
Endémica de Nova Guinea, anteriormente considerábase unha subespecie da pomba coroada de Scheepmaker (Goura scheepmakeri) pero na actualidade trátase como especie separada.
Características Ten unha lonxitude de 66 a 73 cm, e un peso de entre os 2000 e os 2235 g.del Hoyo, J., Collar, N., Kirwan, G. M. & Garcia, E. F. J. (2019): "Sclater's Crowned-pigeon (Goura sclaterii)". En: del Hoyo, J., Elliott, A., Sargatal, J., Christie, D. A. & de Juana, E. (eds.) Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-415-3.
A súa plumaxe é de cor gris azulada, coa peituga dunha tonalidade granate profunda. Na cabeza exhibe unha elaborada crista de encaixe azul, e o iris do ollo é vermello. Ambos os sexos son de aperencia similar.David Gibbs, Eustace Barnes & John Cox (2001): A Guide to the Pigeons and Doves of the World. New Haven, Connecticut, USA: Yale University Press. ISBN 0-3000-7886-2.
Hábitat, distribución e ecoloxía A pomba critada de Slater habita bosques primarios secos e inundados, a miúdo aluvais, nas terras baixas do sur da illa de Nova Guinea, até os 500 m de altitude.Coates, B. J. (1985): The birds of Papua New Guinea, 1: non-passerines. Alderley, Queensland, Australia: Dove Publications.Beehler, B. M.; Pratt, T. K. & Zimmerman, D. A. (2014): Birds of New Guinea, Second Edition. Princeton, Nova Jersey, USA: Princeton University Press. ISBN 978-0-6910-9563-9.
Aliméntase no solo en pequenos grupos de 2 a 10 espécimes (historicamente até de 30 aves)Ramsay, E. P. (1879): "Contributions to the zoology of New Guinea". Proceedings of the Linnean Society of New South Wales 3: 241-305. e pousa nas árbores (ao contrario que á súa parente Goura scheepmakeri, que é fundamentalmente terrestre). As aves en catividade comenzan a reproducírense a partir dos 15 meses de idade. Poñen un só ovo e coidan da cría durante algúns meses despois da eclosión.King, C. E. & Nijboer, J. (1994): "Conservation considerations for crowned pigeons, genus Goura". Oryx 28: 22-30.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita orixinalmente en 1876 polo zoólogo italiano Tommaso Salvadori co actual nome binomial Goura sclaterii.
Etimoloxía Para a do xénero, véxase Goura.
O epíteto específico, scheepmakeri, foi unha homenaxe que Salvadori lle fixo ao ornitólogo inglés Philip Sclater.Salvadori, Tommaso (1876): Catalogo di una seconda collezione di uccelli raccolti dal Sig. L. M. D'Albertis nell'Isola Yule e sulla vicina costa della Nuova Guinea e di una piccola collezione della regione bagnata dal Fiume Fly Annali del Museo Civico di Storia Naturale di Genova, pp. 7-49.
Sinónimo A especie coñeceuse durante moito tempo como unha subespecie de Goura scheepmakeri: Goura scheepmakeri sclateri Salvadori, 1876.Goura scheepmakeri en BioLib.
Variacións taxonomicas Goura sclaterii foi en principio considerada como conespecífica con Goura scheepmakeri.
Porén, un estudo filoxenético molecular publicado en 2018 encontrou que a pomba coroada de Scheepmaker estaba máis estreitamente relacionada con Goura victoria.
Neste estudo descubriuse que as catro especies do xénero formaban dous pares: Goura cristata é irmá de Goura sclaterii, mentres que Goura scheepmakeri é irmá de Goura victoria. No cladograma seguinte móstranse as relacións destas especies e outras relacionadas con elas: miniatura|230px|Goura scheepmakeri.
Ameazas Os bosques das terras baixas, particularmente no terreos chans favorábeis pare esta especie, están ameazados pola corta e o desenvolvemento de plantacións de palmeira aceiteira. As estradas para o transporte de troncos e as construídas para as infraestruturas do petróleo e o gas natural permiten o acceso aos cazadores, pero a densidade de poboación humana é moi baixa en gran parte de zona occidental da súa área de distribución.
Goura sclaterii cázase para aproveitar a súa carne e, en menor medida, para as súas plumas.. Cazouse até a súa extinción en gran parte da súa área de distribución no sueste, rexión amplamente poboada polo home.Schodde, R. (1978): "The status of endangered Papuasian birds, and Appendix". en: Tyler, M. J. (ed.), The status of endangered Australasian wildlife, pp. 133-145 e 185-206, respectivamente. Royal Zoological Society of South Australia, Adelaide. Porén, a especie é bastante difícil de cazar sen unha escopeta (que esencialmente xa no está dispoñíbel en Nova Guinea) xa que escapa a unha distancia considerábel (uns 40 m) e pousa nas árbores, fóra do alcance dos cazadores con arcos, aínda que ás veces constrúense redes de caza na base de árbores froiteiras adecuadas.
Status Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que, aínda que se estima que a poboación da especie é pequena e que se distribúe en subpoboacións moi pequenas, e que parece que está diminuíndo debido á perda e degradación do seu hábitat dos bosques das terras baixas, e quizais tamén á presión da caza, cualifica o seu estado de conservavión como NT (case ameazada). Porén, hai poucos datos cuantitativos, e novas informacións poden levala á súa recualificación.BirdLife International (2016): Goura sclaterii na Lista vermella da UICN. Versión 2019-1. Consultada o 6 de xuño de 2019.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Baptista, L. F.; P. W. Trail & H. M. Horblit (1977): "Family Columbidae (Pigeons and Doves)". En: del Hoyo, Josep; Andrew Elliott & Jordi Sargatal: Handbook of the Birds of the World. Volume 4. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-87334-22-1.
Outros artigos Columbiformes Colúmbidos Gurinos Goura Goura scheepmakeri
Categoría:Colúmbidos Categoría:Aves de Nova Guinea Categoría:Animais descritos en 1876