miniatura|Escultura en Allensteig. Valie Export tamén VALIE EXPORT, de nome de nacemento Waltraud Lehner e despois da súa voda Waltraud Höllinger, nada en Linz o 17 de maio de 1940 e finada en Viena o 14 de maio de 2026, foi unha artista feminista austríaca. O seu traballo incluíu videoinstalacións, performances, cine expandido, animacións de computador, fotografía, escultura e publicacións sobre arte contemporánea. É unha das artistas pioneiras en analizar as políticas de xénero. Na súa creación abordaba temas como a identidade, o sexo e o corpo como modo de expresión e linguaxe.
Traxectoria Até os 14 anos foi educada nun convento e máis tarde estudou na Escola de Artes e Oficios de Linz.
Os seus inicios artísticos estiveron vencellados ao accionismo vienés dos anos 60, un movemento formado no seu maior parte por homes, e que tiña no propio corpo o campo de formulación artística esencial, coa realización de performances que buscaban tirar da súa comodidade a unha sociedade austríaca que se volveu a acomodar na normalidade con gran rapidez unha vez finalizada a segunda guerra mundial.
A súa identidade como muller e a procura dun camiño persoal, levouna a entrar de cheo en reflexións sobre o papel que desempeñara historicamente a muller na historia da arte, e como os esquemas patriarcais definiran dunha maneira determinada a identidade feminina incorporándose de cheo nos postulados dunha arte feminista.
En 1967 inventou e adoptou o seu nome artístico "VALIE EXPORT", un concepto e logotipo que lle dará nome o resto da súa carreira e que debe ser escrito en maiúsculas. Rexeitando os apelidos do seu pai e do seu marido, colle o termo dunha marca de cigarros.
Nun dos seus primeiros traballos, o seu rostro ocupaba cunha fotografía (Selbsproträt, 1968) un paquete de cigarros cuxo logotipo fora manipulado e cunha lenda en latín e alemán "Semper et ubique, Immer und Uberall" (sempre e ubicua), unha forma de significarse como unha muller cuxa marca é froito da súa vontade e non da imaxe sexista que a iconografía occidental construía delas.
O seu traballo é relevante dentro da historia da arte feminista grazas ás súas "performances de guerrilla".
Desde 1995/1996 é catedrática de performance multimedia na Academia de Media Kunst|Kunsthochschule für Medien de Colonia, Alemaña.
Obra
Splitscreen - Solipsismus (1968) INTERRUPTED LINE (1971) ...Remote…Remote... (1973) Mann & Frau & Animal (1973) Adjungierte Dislokationen (1973) Invisible Adversaries (Unsichtbare Gegner, 1976) Menschenfrauen (1977) Syntagma (1983) The Practice of Love (Die Praxis der Liebe, 1984) I turn over the pictures of my voice in my head (2008)
Exposicións
1997 Split Reality: VALIE EXPORT. Mumok, 20er Haus, Viena 2004 VALIE EXPORT. Camden Arts Centre, Londres 2007 VALIE EXPORT. Centre Georges Pompidou, París 2010 Zeit und Gegenzeit. Österreichische Galerie Belvedere, Wien, after at the Museion, Bolzano 2012 VALIE EXPORT Archiv. Kunsthaus Bregenz, Bregenz
Premios
1990: City of Vienna Prize for Visual Arts 1992: Austrian Prize for video and media art 1995: Sculpture Award at the Generali Foundation 1997: Gabriele Münter Prize 2000: Oskar Kokoschka Prize 2000: Alfred Kubin Prize Big Price culture of Upper Austria 2003: Gold Medal for services to the City of Vienna 2005: Austrian Decoration for Science and Art 2009: Honorary Doctorate of the University of Arts and Industrial Design Linz 2010: Grand Gold Decoration for Services to the Republic of Austria
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Valie Export
Categoría:Nados en 1940 Categoría:Nados en Linz Categoría:Finados en 2026 Categoría:Artistas feministas