Antígono de Caristo (en grego Ἀντίγονος ὁ Καρύστιος; en latín Antigonus Carystius) foi un escritor e broncista grego que viviu no século -III (fl. c. -240). Traxectoria Viviu en Atenas e foi chamado á corte de Átalo I (-241 a -197) en Pérgamo. A súa obra principal é as Vidas dos filósofos, escrita a partir das súas propias experiencias, e da cal se conservan grandes fragmentos nos traballos de Ateneo e Dióxenes Laercio. Tamén se conserva aínda a súa Colección de historias marabillosas, que foron extraídas principalmente de Περὶ θαυμασίων ἀκουσμάτων, atribuída a Aristóteles, e os Θαυμάσια de Calímaco. É dubidoso que se trate do escultor do mesmo nome quen, segundo Plinio (Naturalis Historia, xxxiv. 19), escribiu libros sobre a súa arte. Véxase tamén Bibliografía  Varios autores (1910-1911). Antigonus of Carystus «Antigonus of Carystus». En Chisholm, Hugh. Encyclopædia Britannica. A Dictionary of Arts, Sciences, Literature, and General information (en inglés) (11.ª edición). Encyclopædia Britannica, Inc.; actualmente en dominio público.  Keller, Rerum Naturalium Scriptores Graeci Minores, i. (1877) Kopke, De Antigono Carystio (1862) Wilamowitz-Mollendorff, "A. von Karystos", en Philologische Untersuchungen, iv. (1881) Dorandi, Tiziano 1999 Antigone de Caryste. Fragments Paris: Les Belles Lettres.

Categoría:Logógrafos Categoría:Escritores en lingua grega antiga Categoría:Nados no século -III Categoría:Finados no século -III Categoría:Nados na periferia de Grecia central