Manuel Angel Rey Rodríguez, nado en 1941La Voz de Galicia, Santiago, 6-6-1987, p. 43., é un político e avogado galego.

Traxectoria Avogado. Foi candidato de Alianza Popular á alcaldía de Melide nas primeiras eleccións democráticas, logrando 5 concelleiros e sendo a segunda forza máis votada tras UCD, que logrou a maioría absoluta. Non se presentou en 1983, volvendo a concorrer nas municipais de 1987 logrando 2 concelleiros, por detrás da CPG (6) e Unidade dos Veciños (5). Porén, foi elixido alcalde ó contar co apoio de Unidade dos Veciños, formando un goberno de coalición con esta forza. Non se presentou á reelección no 1991, retirándose da política e sendo substituído como candidato por Miguel Pampín Rúa, que logrou a alcaldía con maioría absoluta.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Melide

Categoría:Alcaldes de Melide Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1941 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes