Pravind Kumar Jugnauth, nado en Vacoas-Phoenix o 25 de decembro de 1961, é un político mauriciano que exerce como primeiro ministro de Mauricio dende o 23 de xaneiro de 2017. Traxectoria Naceu no lugar de La Caverne no seo dunha familia hinduísta de orixe yadav e de clase alta, fillo de Anerood Jugnauth, avogado e político e de Sarojini Ballah, mestra de escola procedente dunha familia acomodada. Logo de estudar nunha escola primaria local foi a unha das institucións de ensino máis antigas da illa, o Royal College Curepipe e tras rematar a secundaria marchou ao Reino Unido para estudar dereito na Universidade de Buckingham e tras graduarse realizou o mestrado na Universidade de Aix-Marseille.
En 1987 ingresou no Movemento Socialista Militante e foi concelleiroNational Assembly - Jugnauth Pravind Kuma en Vacoas-Phoenix (1996-2000). En setembro de 2000 entrou na Asemblea Nacional e en outubro asumiu o ministerio de Agricultura. O seu partido elixiuno o seu líder en abril de 2003 e en setembro converteuse no novo viceprimeiro ministro e asemade ministro de finanzas, posición que ocupou ata xullo de 2005. En maio de 2010 ocupou de novo o posto de viceprimeiro ministro e ministro de finanzas ata o mes de xullo do ano seguinte.
En setembro de 2014, Jugnauth converteuse en xefe da oposición, substituíndo a Paul Bérenger, e en decembro dese ano, no goberno de seu pai Anerood Jugnauth ocupou o ministerio de tecnoloxía ata xullo de 2015 cando un tribunal emitiu unha condena de prisión por un ano por mor de conflito de intereses acontecido en 2010 mais gañou a apelación diante o Tribunal Supremo o 25 de maio de 2016"Appel de Pravind Jugnauth: lisez l’intégralité du jugement". L'Express, 25 de maio de 2016 e o día seguinte tomou posesión como ministro de Finanzas.
Ao dimitir seu pai o 23 de xaneiro de 2017 xurou diante o presidente da República como o novo primeiro ministroRulers, 21 de xaneiro de 2017.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en Mauricio Categoría:Primeiros ministros de Mauricio