O Instituto de Ensino Secundario As Lagoas (inicialmente Instituto Nacional de Enseñanza Media Mixto "Las Lagunas") é un centro educativo público de ensino secundario situado na cidade de Ourense.

Orixe O instituto leva o nome do barrio no que está asentado. O actual IES As Lagoas naceu en 1977 como terceiro centro de bacharelato da cidade e primeiro mixto nos tempos modernos. O IES As Lagoas naceu nun espazo central e vinculado ao desenvolvemento da cidade neste barrio nos anos sesenta e setenta. Os primeiros anos de funcionamento foron complicados desde un punto de vista organizativo: alto número de alumnado, quendas nocturnas e diúrnas, conflitos laborais e estudantís... pero foise asentando ata se converter na actualidade nun dos centros punteiros do ensino público en Ourense.

No 2002/2003 festexouse o vinte e cinco aniversario cunha gran festa onde se deron cita moitos exalumnos e exprofesores e no 2017/2018 celebráronse os 40 anos do centro.

Localización O instituto das Lagoas atópase na Rúa Eduardo Blanco Amor, 2, ao nordeste da cidade de Ourense.

Oferta educativa O centro ofrece os estudos de educación secundaria obrigatoria, ademais de tres bacharelatos diferentes: o de ciencias, o de humanidades e ciencias sociais e o de artes.

Espazos e instalacións O edificio do instituto, construído en 1977 e ampliado en dúas ocasións, conta cos seguintes espazos:

Xeral Edificio, bloque principal (aulas, despachos, oficinas, laboratorios, biblioteca, salón de actos...): 7000 m². Pavillón deportivo cuberto: 1167 m². Pistas deportivas descubertas: 4000 m². Patios de columnas cubertos 1250 m². Zonas de xardín: 1000 m². Aparcadoiro e beirarrúas interiores 1000 m².

Aulas 32 aulas de ordinarias (asignadas a cada un dos grupos) máis 2 para alumnado de apoio, 7 para desdobramentos, 1 de garda ou espera para alumnos fóra de aulas e 1 de convivencia. As seguintes aulas específicas asociadas a determinadas materias ou usos específicos: 4 de informática (incluíndo a destinada a grupos pequenos, con cinco ordenadores). 2 de música. 2 de tecnoloxía. 2 de debuxo. 1 multiúsos de grandes dimensións. 1 laboratorio de física. 1 laboratorio de química. 1 laboratorio de ciencias naturais. 1 laboratorio de xeoloxía. 1 aula de artes escénicas.

Outros espazos Unha biblioteca con equipamento informático e audiovisual. Un ximnasio ou pavillón deportivo con tres almacéns anexos e dous pares de vestiarios e baños. Salón de actos. Sala de xuntas. Secretaría, vicedirección e dirección. 1 espazo de cafetería.

Lagoas Categoría:Ourense Categoría:Ourense sen imaxes