miniatura|260px|Gravado cun retrato de Louis Daubenton, de Adrien Feart. miniatura|260px|Monumento a Daubenton, no Parc Buffon de Montbard. Louis-Jean-Marie D’Aubenton (máis coñecido, simplemente, como Daubenton), nado en Montbard, ducado de Borgoña, o 29 de maio de 1716, e finado en París, o 31 de decembro de 1799, ou o 1 de xaneiro de 1800, foi un médico, anatomista, mineraloxista e naturalista francés.

Traxectoria Daubenton foi enviado a polo seu pai a París para estudar teoloxía, pero seguiu en segredo cursos de medicina e anatomía.

En 1739, tres anos despois da morte de seu pai, Daubenton instalouse en Reims, en cuxa univesidade doutorouse en medicina en 1741. Despois de obter este grao, volveu á súa cidade natal para exercer a profesión de médico.

Na mesma época, Georges-Louis Leclerc, conde de Buffon, tamén nacido en Montbard e amigo da infancia de Daubenton, chamouno para traballar con el no Xardín do Rei de París, para que o axudara nas tarefas de disección e estudos anatómicos. Daubenton e Buffon traballaron xuntos durante dez anos na Historia natural dos animais.

Daubenton describiu cerca de 200 especies de cuadrúpedes, cunha precisión sen precedentes. Este traballo foi considerado o punto de partida da moderna anatomía comparada.

Daubenton foi un dos primeiros naturalistas en aplicar a anatomía comparada ás especies fósiles, refutando así a suposta existencia de xigantes.

En 1778 Daubenton pasou a ser profesor de historia natural no Colexio de Francia. En 1783, era profesor de economía rural no Colegio d'Alfort e, en 1795, impartiu clases na Escola Normal Superior de París.

Foi elixido membro da Academia de Ciencias de Francia, para a que redactou un gran número de memorias. Escribiu tamén diversos artigos para a Encyclopédie.

Coa Revolución francesa o Gabinete do Rei converteuse no Museo Nacional de Historia Natural de Francia, e Daubenton no seu primeiro director.

Atribúese a Dabubento a naturalización de ovellas españolas en Francia, e publicou varios libros sobre como criar estes animais.

Como médico, recomendou as pílulas de ipecacuaña, que se chamaron na época pílulas de Daubenton.

En decembro de 1799 Daubenton foi elixido membro do Senado, pero morreu pouco despois a causa dunha crise de apoplexía.

Filosofía natural Ao igual que Buffon, Daubenton desconfiaba do carácter obxectivo da sistemática, especialmente da linneana, e defendía construíla a partir da organización completa dos animais e non de certos caracteres.

Pero a diferenza de Buffon, rexeitaba o gradualismo na escala dos seres e mantiña unha visión da xerarquía animal moito máis estática. O seu concepto de especie, fundamentado na constancia dos caracteres morfolóxicos, era tipolóxico.

De aí tamén que a anatomía comparada xogase na súa obra un papel moito máis fundamental que na de Buffon.

Obra principal Instruction pour les bergers et pour les propriétaires de troupeaux (1782).

Honores Eponimia Unha rúa de París achegada ao Xardín das Plantas leva o seu nome. Unha estación do metro parisiense, a Estación de Censier-Daubenton (liña 7). Unha rúa de Dijon tamén leva o seu nome. unha rúa de Roubaix así mesmo leva o seu nome. Un morcego: Myotis daubentonii. Unha familia de primates, a dos Daubentoniidae, E a especie Daubentonia madagascariensis, tipo desta familia.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Alter, Anna & Philippe Testard-Vaillant (2003): Guide du Paris savant. París: Éditions Belin. ISBN 2-7011-3582-6. Bouillet, Marie-Nicolas & Alexis Chassang, dir. (1878): "Daubenton (L. J. Marie)" no Dictionnaire universel d'histoire et de géographie. Flourens, Pierre & Georges-Louis Leclerc, conde de Buffon (1869): Des manuscrits de Buffon, avec des facsimile de Buffon et de ses collaborateurs. (Ler en liña). Schmitt, Stéphane (2006): Aux origines de la biologie moderne. L'anatomie comparée d'Aristote à la théorie de l'évolution. París: Éditions Belin. ISBN 978-2-7011-3511-3.

Ligazóns externas Retrato

Categoría:Enciclopedistas Categoría:Científicos de Francia Categoría:Médicos de Francia Categoría:Zoólogos de Francia Categoría:Xeólogos de Francia Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Profesores do Collège de France Categoría:Nados en 1716 Categoría:Nados en Montbard Categoría:Finados en 1799 Categoría:Anatomistas