Aftonio de Antioquía (en grego , Prolegomena in Aphthonii progymnasmata), fins do século IV, retórico grego, foi discípulo de Libanio, mestre de retórica en Atenas e o famoso autor do libro de texto do terceiro nivel de ensino da lingua e a literatura grega en Bizancio, ao que se chegaba entre os 13 e 15 anos. Fixéronse famosos os seus catorce Progymnásmata (ou Exercicios de retórica), unha compilación de exercicios que abarcaban os distintos xéneros da composición retórica de discursos. Tamén escribiu corenta fábulas esópicas.
Traxectoria Dos tres escritores desta obra, Aftonio é o último pola súa cronoloxía. Esta situación revela o seu lugar nunha tradición de retórica moi homoxénea e ben acreditada na práctica escolar durante unha longa etapa educativa, que vai desde o maxisterio de Teón (s. I) e logo Hermóxenes de Tarso (160-230) aos textos de Aftonio. Este escribe a finais do século IV ou comezos do V, e foi discípulo de Libanio, o prolífico orador e sofista, amigo do emperador Xuliano o Apóstata.
Segundo nos transmite Focio, chegou a ler as súas Declamationes, hoxe perdidas, polo que só nos chegou este opúsculo de retórica e unhas cantas fábulas de tipo esópico. A Suda di del que foi sofista e que compuxo os seus Progymnásmata para a Retórica de Hermóxenes de Tarso. A súa obra encaixa moi ben na continuación das definicións e análises literarias de Hermóxenes, xa que trata dos mesmo tópicos e temas que aquel, nesa mesma liña da preceptiva retórica.
Moitas definicións coinciden nos textos de todos os tratadistas retóricos, pero Aftonio engade claros exemplos, tratando de elementos da composición retórica ou literaria, como son as fábulas, as chríai, as sentenzas, os lugares comúns, os trazos do encomio, os do vituperio, etc.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Perseus Dixital Library, a maior base de textos gregos e latinos L´Année Philologique, a enciclopedia bibliográfica do mundo clásico que recolle todo o publicado cada ano (dispoñible en Rede e impreso) Suidas, a enciclopedia bizantina do século XI en liña
Categoría:Escritores en lingua grega antiga Categoría:Nados no século III Categoría:Finados no século IV Categoría:Nados en Antioquía