A igrexa de San Tomé o Novo de Maside é unha igrexa aberta ó culto en 1910, que veu substituír a ogrexa de San Tomé de Maside o Vello, onde antigamente se establecía a aldea de Maside Vello, zona onde actualmente se sitúa o cemiterio da parroquia de Maside, no concello de igual nome.

Descrición e historia A igrexa de San Tomé é de estilo neogótico e é unha obra na que colaboraron o arquitecto rioxano Luis Bellido González e mais Daniel Vázquez-Gulías Martínez, nado este último en Beariz. Luis Bellido, asturiano, era amigo de Wenceslao González, masidao e enxeñeiro de minas que coñecía a obra do arquitecto ó estar casado con Matilde Herrero da coñecida Banca Herrero de Asturias. Grazas ó mecenado de Wenceslao, construíuse o templo, ademais de achegar outros bens materiais á vila de Maside como terreos e propiedades.

Diante da igrexa sitúase un cruceiro de 1932 de tipo mariñeiro e policromado. Castelao estudou este cruceiro para o seu libro As cruces de pedra na Galiza.

A igrexa aparece recollida no catálogo histórico das Normas Subsidiarias de Planeamiento de Maside:

Notas

Véxase tamén Outros artigos Diocese de Ourense

Categoría:Maside Maside