Xurxo Mariño Alfonso, nado en Lugo o 21 de abril de 1969, é biólogo, doutor en Ciencias Biolóxicas con especialización en neurofisioloxía pola Universidade de Santiago, profesor na Universidade da Coruña, escritor e divulgador científico en España.
Formación académica Xurxo Mariño desenvolveu o seu posdoutorado no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT), en onde foi colaborador. Realizou traballos de investigación en entomoloxía, pero ao final decantouse por especializarse en neurofisioloxía, a cal lle levou a facer o doutoramento. Despois da realización de dito posdoutorado, é profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña, especializado na área de fisioloxía humana.
No que atinxe á súa investigación en neurobioloxía, centrou os seus estudos na análise de distintas propiedades biofísicas e dos circuítos neuronais e mecanismos sinápticos e vías sensoriais na zona do tálamo, así como distintos tipos de neuronas que poidan implicarse no control motor da percepción visual e somatosensorial e a regulación nos niveis de actividade durante o sono-vixilia.
Dedícase á investigación de distintos aspectos do cerebro e do sistema nervioso.
En maio de 2026 participou no Rosalía en camiño en Padrón e Santiago.
Vida persoal Ademais de ser investigador e docente, é autor do blog Culturacientífica.org e realiza o labor de divulgación científica a través de café-teatro- científicos (actividades de carácter divulgativo que leva á ciencia ser aplicada nos bares) que se vinculan co grupo Neurocom, diversos discurshows (actividades que mesturan a charla e o teatro), conferencias e deu diversas entrevistas reflectidas en páxinas web e xornais de tanto de carácter científico como non-científico, como por exemplo en GCiencia, xornal Público e na Asociación Española de Comunicación Científica, entre outros, onde relaciona cuestións científicas e mais as súas obras con diversas temáticas e as súas experiencias coa pretensión de fomentar a divulgación científica.
É membro da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega, do grupo de investigación Neurocom e doutras sociedades de corte científica tanto a nivel de España como internacional.
Creou un software que trata sobre a estimulación, rexistro e análise electrofisiolóxicas.
Na divulgación de coñecemento científico, pretende ademais de aplicar a ciencia a diversos temas, a interacción co campo das humanidades. Colabora co portal de Culturagalega.org na sección de ADN, co portal Naukas.com e mais no espazo de ciencia e tecnoloxía do programa Conexións da TVG con monólogos reflexivos.
Premios Premio Especial do Xurado do Primeiro Certame FECYT de Comunicación Científica, 2011. Premio Tesla de Divulgación, 2014. Premio Lois Peña Novo, 2017. Premio da Gala do Libro Galego, 2018: Mención Honorífica do XXIX Premio Prismas Casa das Ciencias á Divulgación polo seu libro Terra. Premio Follas Novas do Libro Galego, 2021, por Unha mente que voa. Premio de Comunicación Científica 2026 da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), por unha traxectoria marcada polo seu compromiso co achegamento do coñecemento científico á sociedade.
Obra Os dados do reloxeiro. Ciencia amena para mentes inquietas (2005). Consello da Cultura Galega. Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade Po de estrellas, Novas receitas científicas de os dados do reloxeiro (2008). Consello da Cultura Galega. Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade. Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo ( 2017). Xerais. Traducido ao castelán polo propio autor. Neurociencia para Julia (2013). Laetoli. Unha mente que voa. Unha mirada á evolución da linguaxe (2020). Xerais. 128 páxs. ISBN 978-84-9121-761-9.
Notas
Véxase tamén Bibliografía "Xurxo Mariño Alfonso". biometria.sgapeio.es. Consultado o 2019-04-07. "Xurxo Mariño". www.nextdoorpublishers.com . Consultado o 2019-04-07. Mariño, Xurxo. "Xurxo Mariño". Naukas . Consultado o 2019-04-07. "Xurxo Mariño, un dos divulgadores científicos máis prestixiosos de España, presenta o seu libro Tierra este venres ás 19 horas no Paraninfo". www.unizar.es. Consultado o 2019-04-07. "Ficha de libro | Editorial Xerais". www.xerais.gal''. Consultado o 2019-04-07.
Ligazóns externas Ficha de Xurxo Mariño Alfonso UDC.
Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Biólogos de Galicia Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1969 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade da Coruña