Ramón Enríquez Cadórniga, nado en Xinzo de Limia cara a 1882, foi un xuíz galego.
Traxectoria Fillo de Rudesindo Enríquez Rodríguez, rexistrador da propiedade, e Concepción Cadórniga Enríquez. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi xuíz de Ribadeo (1911), Celanova, Ourense (maio de 1920),La Región, 23-5-1920, p. . Santiago de Compostela (setembro de 1920)El Progreso, 11-9-1920, p. 2. e Luarca. Foi maxistrado da Audiencia provincial de Lugo (1931), Cidade Real, Cádiz (1932-1935), sendo o presidente do tribunal que xulgou os sucesos de Casas Viejas, Pamplona, e presidente da Audiencia provincial de Madrid en 1936. Foi o maxistrado que condenou a José Antonio Primo de Rivera por tenencia ilícita de armas.
Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba de vacacións en Xinzo de Limia. Con motivo da condena a José Antonio e da do capitán Rojas polos sucesos de Casas Viejas, foi detido a principios de agosto e estivo a piques de perder a vida; salvouse grazas a que o alférez da Garda Civi Francisco Piñel Estévez o levou de Xinzo de Limia a Ourense baixo a súa protección, e ingresou na Prisión Provincial o 4 de agosto.Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1936 a 1937, 815 Liberado o 19 de setembro, foi enviado a Burgos, onde ás poucas semanas foi encarcerado por orde gobernativa. Permaneceu na Prisión Central de Burgos ata marzo de 1939. Mentres tanto, foi depurado: suspendido de emprego e soldo en xaneiro de 1937,El Diario de Pontevedra, 15-1-1937, p. 3. o 17 de febreiro abríronlle expediente, que se resolveu o 4 de xuño coa súa destitución da carreira xudicial.BOE, 9-6-1937, p. 1811. Permaneceu en situación de liberdade vixiada ata 1942.
Reintegrouse ao servizo activo a finais de 1947,BOE, 22-1-1948, p. 303. e foi trasladado á Audiencia de Palma como maxistrado por cinco anos. Despois foi maxistrado da Audiencia provincial da Coruña, posto no que se xubilou en 1955.BOE, 27-11-1955, p. 7159.
Vida persoal
Casou con Elvira Gayoso García-Ondina, que faleceu en Santiago de Compostela en 1931.Vida Gallega, 20-11-1931, p. 43. Volveu casar con Pino Cabrera Lorenzo, que finou en Xinzo de Limia o 24 de abril de 1956, e coa que tivo dous fillos: Concepción e Manuel.La Región, 25-4-1956, p. 2. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Tramas y complot. La depuración franquista del magistrado del juicio de Casas Viejas Xente
Expediente de devolución de Ramón Enríquez Cadórniga
Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Xinzo de Limia Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en ano descoñecido