Bandwagonesque é o terceiro álbum de estudio da banda escocesa de rock alternativo Teenage Fanclub, publicado o 19 de novembro de 1991 a través do selo Creation Records. O disco outorgoulle ao grupo un éxito considerable nos Estados Unidos cando o sinxelo "Star Sign" chegou ao número 4 da lista Billboard Modern Rock Tracks, converténdose no seu maior éxito no país, con "What You Do to Me" e "The Concept" entrando tamén no top 20 desa lista. Bandwagonesque foi votado "álbum do ano" de 1991 pola revista estadounidense Spin, superando ao Nevermind de Nirvana.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Teenage Fanclub Categoría:Álbums musicais de 1991 Categoría:Álbums de Creation Records