O Somerville College é un dos colleges que constitúen a Universidade de Oxford, e está situado en Woodstock Road, Oxford, Inglaterra. O college foi fundado en 1879 co nome de "Somerville Hall" e naceu como un centro exclusivamente feminino; e non foi até 1994, que comezou a admitir homes.
Historia Na orixe da facultade, en 1878, aparecen persoas vencelladas ao Partido Liberal e a activista Mary Ward que pretenden a creación da primeira universidade non confesional para mulleres a diferenza da anglicana, Lady Margaret Hall, que se abriu tamén en 1879. En febreiro de 1879, ábrese Somerville Hall, que leva ese nome, proposto por Mary Ward, en honor da científica, escritora e activista Mary Somerville. No primeiro curso, tiña 12 estudantes, mais non se lle permitía asistir ás clases ordinarias nin recibir titulación.
A facultade ten unha excelente reputación e unha excelente satisfacción dos estudantes entre as universidades de Oxford. Somerville é coñecida pola súa atmosfera agradable e liberal, a súa arquitectura variada e o seu excelente salón.
En 2017, Somerville contaba cun financiamento de aproximadamente £ 73,4 millóns de libras. O Somerville College ten unha das mellores coleccións de libros de Oxford e a súa biblioteca conta con preto de 120.000 fichas. Alumnos famosos miniatura|Sala Pfeiffer da Biblioteca de Somerville College. Entre as súas alumnas, aparecen 2 primeiras ministras, a única muller británica en obter un premio Nobel de Ciencia e moitas outras mulleres relevantes como: Margaret Thatcher Indira Gāndhi Dorothy Crowfoot Hodgkin Penelope Fitzgerald Irish Murdoch Barbara Ward Jane Gould Penelope Fitzgerald
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Mary Somerville
Categoría:Universidade de Oxford Categoría:Feminismo no Reino Unido