alt=|miniatura|275x275px|Mick Schumacher en 2016, xunto a Nico Rosberg, Mika Häkkinen e o seu fillo Hugo, na Champions for Charity, partido de fútbol en honra ao seu pai Michael. miniatura|275x275px|Mick Schumacher no Campionato Europeo de Fórmula 3 da FIA 2018. alt=|miniatura|275x275px|Mick a bordo do Benetton B194 do seu pai en Spa-Francorchamps, 2017.
Mick Schumacher nado en Vufflens-lle-Château, Suíza o 22 de marzo de 1999 é un expiloto de carreiras alemán de orixe suíza que competiu para o Haas na Fórmula 1, fillo do sete veces campión de Fórmula 1 Michael Schumacher. É membro da Ferrari Driver Academy e piloto de reserva da Scuderia Ferrari. Comezou a súa carreira no karting en 2008, progresando ao alemán ADAC Fórmula 4 para 2015. Despois de gañar o Campionato de Europa de F3 de FIA de 2018, Schumacher pasou á Fórmula 2 en e gañou o Campionato de Fórmula 2 de 2020.
Vida persoal
É fillo de Michael Schumacher, sete veces campión da Fórmula 1, e Corinna Schumacher, campioa europea de reining. Ademais, é sobriño do tamén expiloto de F1 Ralf Schumacher.
Mick naceu e creceu en Suíza, viviu en Vufflens-lle-Château até 2008, para logo vivir en Gland.
Schumacher comezou a súa carreira de deporte motor en 2008. Para evitar a atención debido ao seu pai, correu os seus primeiros anos baixo o pseudónimo Mick Betsch, usando o apelido de solteira da súa nai. Logrou dous sucampeonatos en Fórmula 4, é o campión de Fórmula 3 Europea e en 2019 será piloto de Prema en F2. En xaneiro de 2019 foi confirmado como novo membro da Academia de Pilotos de Ferrari.
Carreira
Karting Comezou a súa carreira automobilística na categoría Kerpener Kartchallenge, onde saíu 1º en 2010.
En 2011 e 2012 Schumacher competiu na clase KF3 dos ADAC Kart Masters, terminando en 9º e 7º respectivamente. Tamén disputou na KF3 do Euro Wintercup neses anos, resultado 3º en ambos. En 2012 tamén foi terceiro na KF3 da Rating DMV Kart Championship.
En 2013 terminou terceiro no Campionato Alemán llunior, e na Copa Super KF da CIK-FIA.
En 2014 saíu segundo na clase KF llunior do Campionato Mundial de Karting da CIK-FIA, detrás de Enaam Ahmed, do mesmo xeito que no Campionato Europeo.
ADAC Fórmula 4 Debutou nos monoplazas en 2015, na tempada inaugural da ADAC F4, resultando 10º.
Ao ano seguinte continuou na categoría, pero cun fórmula alistado por Prema. Terminou 2º o campionato a 52 puntos do campión Joey Mawson.
Fórmula 4 de Italia En 2016 disputou a súa primeira tempada no Campionato de Italia de Fórmula 4, resultado segundo con 216 puntos e 5 vitorias, detrás dos arxentino Marcos Siebert.
Campionato Europeo de Fórmula 3 da FIA En 2017 Mick disputou a tempada 2017 do Campionato Europeo de Fórmula 3 co equipo Prema, xunto a Maximilian Günther, Callum Ilott e Guanyu Zhou. Acabou 12º e obtivo un podio.
Comezou a tempada 2018 con dous podios nas primeiras catro roldas. Gañou por primeira vez en Spa, e repetiu vitoria en Silverstone e Misano. quedou con cinco carreiras de maneira consecutiva; o tres de Nürburgring e dous de Red Bull Ring, pasando á punta do torneo para a última data. Nesta, consagrouse campión ao finalizar a carreira dúas, sobre o británico protexido de Red Bull, Dan Ticktum.
O 27 de novembro de 2018, confirmouse que Mick disputará a tempada 2019 de Fórmula 2 co equipo Prema.
Fórmula Un Schumacher presentouse como piloto da Ferrari Driver Academy o 19 de xaneiro de 2019. Schumacher seguiu os pasos do seu pai e citou a Ferrari como parte do seu corazón e o especial vínculo co equipo dentro da súa familia desde a súa infancia, como parte importante da súa incorporación á academia do equipo. O 2 de abril de 2019, Mick Schumacher debutou ao volante dun moderno coche de Fórmula Un, pilotando o SF90 da Scuderia Ferrari durante o primeiro día de probas na tempada no Circuíto Internacional de Bahrain como o único debutante na pista. Despois na sesión de probas do martes, Schumacher dixo que se sentía como en casa coa Scuderia Ferrari e que disfrutaba do seu primeiro volante.
"Hoxe, disfrutei realmente", dixo. "Sentíame como na casa no garaxe dende o primeiro momento, con moita xente que me coñece desde moi pequena. O SF90 é incrible debido á potencia que ten, pero tamén é suave de conducir e por iso me gustou tanto". Schumacher engadiu que quedou impresionado coa potencia de freada dun moderno coche de F1. "Pareceume que podías frear máis tarde e máis tarde e o coche tería dado a volta de todos os xeitos. Gustaríame darlle as grazas a Ferrari por esta incrible oportunidade". Schumacher continuaría as probas de tempada para Alfa Romeo Racing ao día seguinte.
Schumacher debía debutar nos adestramentos de Fórmula Un no Gran Premio de Eifel de 2020 na primeira sesión de adestramentos, pilotando para Alfa Romeo Racing no lugar de Antonio Giovinazzi. Debido ás malas condicións meteorolóxicas, a sesión cancelouse, o que significou que non correru. Schumacher debutou na práctica de Fórmula Un no Gran Premio de Abu Zabi de 2020 na primeira sesión de adestramentos, pilotando para Haas en lugar de Kevin Magnussen.
Haas (2021 - 2022) Schumacher pilotou para Haas en despois de asinar un contrato de varios anos, xunto a Nikita Mazepin, con quen corría en karts.Oseu número sera o 47.
Resumo de carreira TempadaCategoríaEquipoCarreirasVitoriasPodiosPuntos2015ADAC Fórmula 4Van Amersfoort Racing2210029210º2015-16MRF ChallengeMRF Challenge400025110º2016ADAC Fórmula 4Prema Powerteam24542123222ºCampionato de Italia de Fórmula 418546102162º2016-17MRF ChallengeMRF Challenge1642192153º2017Campionato Europeo de Fórmula 3 da FIAPrema Powerteam3000019412ºGran Premio de Macau10010N/A16º2018Campionato Europeo de Fórmula 3 da FIAPrema Theodore Racing30874143651ºGran Premio de Macau10000N/A5º2019Formula 2 ChampionshipPrema Racing2210115312º 2020Formula 2 ChampionshipPrema Racing 24 2 0 3 10 215 1º 2021 Fórmula 1 Uralkali Haas F1 Team 22 0 0 0 0 0 19º 2022 Fórmula 1 Uralkali Haas F1 Team 22 0 0 0 0 12 16º*
Resultados
Campionato Europeo de Fórmula 3 da FIA (Clave) (negra indica pole position) (cursiva indica volta rápida) AnoEquipo123456789101112131415161718192021222324252627282930Pos.Puntos2017Prema PowerteamMecachromeSIL1SIL2SIL3MNZ1MNZ2MNZ3PAU1PAU2PAU3HUN1HUN2HUN3NOR1NOR2NOR3SPA1SPA2SPA3ZAN1ZAN2ZAN3NÜR1NÜR2NÜR3RBR1RBR2RBR3HOC1HOC2HOC312º942018Prema Theodore RacingMecachromePAU1PAU2PAU3HUN1HUN2HUN3NOR1NOR2NOR3ZAN1ZAN2ZAN3SPA1SPA2SPA3SIL1SIL2SIL3 MIS1MIS2MIS3NÜR1NÜR2NÜR3RBR1RBR2RBR3HOC1HOC2HOC31º365 ‡ Outorgarons a metade dos puntos ao completar menos do 75% da distancia de carreira.
Campionato de Fórmula 2 da FIA AnoEscuadra123456789101112Pos.Puntos2019Prema RacingBHRFEABHRSPRBAKFEABAKSPRCATFEACATSPRMONFEAMONSPRLECFEALECSPRRBRFEARBRSPRSILFEASILSPRHUNFEAHUNSPRSPAFEASPASPRMNZFEAMNZSPRSOCFEASOCSPRYMCFEAYMCSPR12º532020Prema RacingRBR1FEARBR1SPRRBR2FEARBR2SPRHUNFEAHUNSPRSIL1FEASIL1SPRSIL2FEASIL2SPRCATFEACATSPRSPAFEASPASPRMNZFEAMNZSPRMUGFEAMUGSPRSOCFEASOCSPRBHR1FEABHR1SPRBHR2FEABHR2SPR1º 215 ‡ Concedéronse a metade dos puntos ao non completarse o 75% da distancia da carreira.
Resultados completos na Fórmula 1 (Chave) (carreiras en letra grosa indican pole position; carreiras en itálica indican volta rápida) Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 Pos. PuntosHaas F1 TeamHaas VF-22Ferrari 066/7 1.6 V6 t BHR11 SAUNTS AUS13 EMI17 MIA15 ESP14 MONRet ACE14 CANRet GBR8 AUT6 FRA15 HUN14 BEL17 NED13 ITA12 SIN13 XAP17 USA15 MEX16 BRA13 ABU16 16º 12Uralkali Haas F1 TeamHaas VF-21Ferrari 065/6 1.6 V6 t BHR16 EMI16 POR17 ESP18 MON18 ACE13 FRA19 EST16 AUT18 GBR18 HUN12 BEL16 NED18 ITA15 RUSRet TUR19 USA16 MEXRet BRA18 QAT16 SAURet ABU14 19º 0
Notas
Categoría:Nados en 1999 Categoría:Pilotos de automobilismo Categoría:Nados no cantón de Vaud Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Alemaña