miniatura|170px|Un home ienisei-ostiaco (keta) en Rusia. Os ieniseianos son un pobo de Siberia.ieniseiano -na , 2 acep., en Digalego. O pobo ieniseiano habitou en tempos pasados gran parte de Siberia, partes do norte de Mongolia e da China. Formaron parte da Xiongnu, unha confederación de pobos nómades das estepas orientais distribuídos sobre todo ao longo do territorio da actual Mongolia; rexistros legados por Sima Qian mostran como xa desde o século III a. C. controlaban un vasto guó (estado ou territorio controlado por un líder ou soberano), e crearon polo menos unha dinastía chinesa.Beckwith, Christopher I. (2009): Empires of the Silk Road: A History of Central Eurasia from the Bronze Age to the Present. Princeton, Nova Jersey, USA: Princeton University Press. ISBN 978-0-6911-3589-2. Pero, hoxe en día, de todos aqueles pobos só perviven os ketas; os ketas modernos viven ao longo do tramo medio oriental do río Ienisei. Segundo o censo de 2010, había 1 220 ketas en Rusia.

Historia miniatura|O khaganato Rouran. miniatura|Zhao posterior (gris claro) coa su capital, Ye. Non se sabe moito sobre a historia do pobo ieniseiano. Segundo varios historiadores, os ieniseianos formaban parte da Xiongnu e, posibelmente eran a elite gobernante desta confederación. Tamén se suxire que xogaron un papel importante entre os hunos, na Xiongnu e no posterior khaganato Rouran (330-555), e que os mesmos rouran eran de orixe ieniseiana.Vovin, Alexander (2010): Once Again on the Ruan-ruan Language. Ötüken’den İstanbul’a Türkçenin 1290 Yılı (720–2010) Sempozyumu From Ötüken to Istanbul, 1290 Years of Turkish (720–2010). 3–5 Aralık 2010, İstanbul / 3–5 December 2010, İstanbul: 1–10.Vovin Aexander (2007): "Once again on the etymology of the title qaγan" . Studia Etymologica Cracoviensia 12: 177-187.

O pobo jie, un grupo ieniseiano, creou a dinastía Zhao posterior e conquistou partes do norte da China. Despois dun tempo foron derrotados e asimilados na súa maioría á sociedade han.

Ao igual que o pobo jie, a maioría dos outros grupos ienienanos, exclíndo aos ketas a ao pobo yugh, asimiláronse a outras etnias. Na súa maioría, pobos turcos e mongois substituíron e asimilaron aos ieniseianos.Taskin, V. S. (1990): Цзе [Jie]. Материалы по истории кочевых народов в Китае III-V вв. [Materials on the history of nomadic peoples in China. 3rd–5th cc. AD] . Moscova: Nauka. ISBN 5-0201-6543-3.

Os últimos superviventes, o pobo keta, foron conquistados polos rusos e hoxe son un grupo minoritario recoñecido en Rusia.

Algúns autores suxiren tamén que os ienisenianos están directamente relacionados cos pobos indíxenas de América. Especialmente, os pobos na-dené moitas veces se asegura que están vinculados a eles.

Lingua

A das linguas ieniseianas é unha familia lingüística en perigo de extinción, cunha soa rama sobrevivente, a lingua keta, que tiña tan só uns 213 falantes nativos no ano 2010. A vila de Kellog, en Rusia, é o único lugar onde o keta aínda se ensina nas escolas. Aos alumnos subminístranselle libros especiais para os graos de segundo a cuarto, pero despois deses graos só hai bibliografía rusa para estudar a cultura keta. A día de hoxe, non se coñecen falantes monolingües.

Xenética Os ieniseianos están estreitamente relacionados con outros siberianos, asiáticos orientais e cos pobos indíxenas de América. Son unha poboación mongoloide e pertencen na súa maioría exclusivamente ao haplogrupo Q-M242 do cromosoma Y humano (ADN-Y).

Segundo un estudo recente, o pobo keta e outros ieniseianos orixináronse probabelmente nalgún lugar preto das montañas Altai ou do lago Baikal. Moitos deles asimiláronse a pobos turcos de hoxe. Suxírese que os altais son ​​predominantemente de orixe ieniseiana e estreitamente relacionados co pobo keta. Outros grupos túrquicos siberianos tamén asimilaron moito ao pobo ieniseiano. O pobo keta tamén está intimamente relacionada con varios grupos de nativos americanos. Segundo este estudo, os ieniseianos están ligados a grupos paleo-esquimós.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Vajda, Edward J. (2013): Yeniseian Peoples and Languages: A History of Yeniseian Studies with an Annotated Bibliography and a Source Guide. Londres, Reino Unido: Routledge. ISBN 978-1-1368-3740-1.

Outros artigos Linguas ieniseianas

Categoría:Grupos étnicos de Rusia