O Marlins Park é un parque de béisbol situado na cidade de Miami, Florida (Estados Unidos). É o estadio local dos Miami Marlins, equipo da Major League Baseball (MLB). Está situado nun terreo de 6,87 ha do antigo Miami Orange Bowl na Pequena Habana, 3 km ao oeste do centro da cidade. O estadio, inaugurado para a temporada 2012, ten un deseño neomodernista. Tamén conta coa certificación verde do Leadership in Energy and Environmental Design (LEED). É ademais o terceiro estadio da competición en contar cun teito retraíbel. Con capacidade para 37.442 espectadores, é un dos estadios con menor capacidade da MLB.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Miami Miami Marlins
Ligazóns externas Páxina web do estadio en mlb.com/marlins Marlins Park Seating Chart
Categoría:Miami Marlins Categoría:Estadios da MLB Categoría:Deporte en Florida