miniatura|280x280px|A presidenta de Alecrín Ana Míguez na entrega dos Premios Alecrín-Alacrán 2005 Os Premios Alecrín-Alacrán foron uns galardóns organizados polo Grupo de Estudios sobre a Condición da Muller Alecrín para destacar os traballos e actitudes en prol da Igualdade de xénero e en contra dela. Comezaron a entregarse en 1989 con carácter anual até o ano 2009.

O premio Alecrín ía destinado a quen destacase na defensa dos dereitos das mulleres e o Alacrán a quen, segundo os organizadores do premio, de xeito notorio actuase en detrimento destes.

Edicións

I Edición 1989 Premio Alecrín: Ana María Hernández Mora. Maxistrada da sala nº 1 da Maxistratura de Traballo de Vigo Premio Alacrán: Sala 2ª da Audiencia Provincial de Pontevedra, nas persoas dos xuíces Gustavo Troncoso Facorro, Rafael Martínez Sánchez e Salvador Fernández Sansilvestre

II Edición 1990 Premio Alecrín: María Xosé Queizán. Intelectual, escritora e feminista Premio Alacrán: Luis Cuadrado Toto. Alcalde de Carballeda de Valdeorras, Ourense

III Edición 1991 Premio Alecrín: Colectivo de traballadoras da empresa téxtil Cortemáns, Vigo Premio Alacrán: Ex aequo a Agustín Arca, concelleiro PSOE de Vigo; Antonio Nieto Figueroa, “Leri”, concelleiro PSOE de Vigo; Alfonso Cabada, xerente do Centro Residencial Docente de Vigo.

IV Edición 1992 Premio Alecrín: Isabel Gómez Romil. Nai e loitadora, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña) Premio Alacrán: Marita Souto. Inspectora de Ensino en Ourense

V Edición 1993 Premio Alecrín: Secretaría da Muller do STEG (Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza) Premio Alacrán: Grupo de Empresa GKN, Indugasa, Vigo

VI Edición 1994 Premio Alecrín: Margarita Ledo Andión. Docente e decana da Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela Premio Alacrán: Costoya Piñeiro. Xinecólogo da Seguridade Social de Ferrol

VII Edición 1995 Premio Alecrín: Escola de Mulleres Simone de Beauvoir, Ferrol Premio Alacrán: Corporación Municipal do Concello de Samos (Lugo)

VIII Edición 1996 Premio Alecrín: Club de Fútbol sala “0,7% XA” de Lugo Premio Alacrán: Confraría de Pescadores “San Pedro” de Santa Uxía de Ribeira (A Coruña)

IX Edición 1997 Premio Alecrín: María do Carme Kruckenberg. Escritora Premio Alacrán: Multinacional francesa de grandes almacéns Alcampo

X Edición 1998 Premio Alecrín: Marina Mayoral. Profesora da Universidade Complutense de Madrid e escritora Premio Alacrán: Jaime Iglesias Fernández. Xefe da Policía Autonómica de Santiago

XI Edición 1999 Premio Alecrín: Aurita González González. Presidenta da Asociación de mulleres Dorna de Vigo Premio Alacrán: Armindo Iglesias. Cura párroco da Parroquia de Vedra e Lestedo (A Coruña)

XII Edición 2000 Premio Alecrín: Carmen Sarmiento. Xornalista Premio Alacrán: Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña

XIII Edición 2001 Premio Alecrín: José Bono Martínez. Presidente de Castela-A Mancha Premio Alacrán: José Gea Escolano. Bispo da diocese de Mondoñedo–Ferrol

XIV Edición 2002 Premio Alecrín: Emma Bonino. Deputada Europea polo Partido Radical Transnacional, de Italia Premio Alacrán: Asociación Nacional de Empresarios de Locales de Alterne "ANELA"

XV Edición 2003 Premio Alecrín: Cristina del Valle. Cantante Premio Alacrán: Miryam Tey, directora do "Instituto de la Mujer"

XVI Edición 2004 Premio Alecrín: Miguel Lorente Acosta. Médico forense e director do Instituto de Medicina Legal de Granada Premio Alacrán: Conferencia Episcopal Española

XVII Edición 2005 Premio Alecrín: Asociación Nuestras Hijas de Regreso a Casa (Ciudad Juárez, México), personalizada na súa fundadora, a profesora Marisela Ortiz Rivera Premio Alacrán: Goberno Municipal do Concello de Porqueira (Ourense)

XVIII Edición 2007 Premio Alecrín: Carl Djerassi, considerado o pai da pílula anticonceptiva (a gala de entrega foi suspendida e Djerassi recolleu o premio na última edición de 2009) Premio Alacrán: Arturo Pérez-Reverte, escritor

Edición 2009 Desapareceu o premio Alacrán e os premios modificaron a súa estrutura.

Premio Alecrín: Carl Djerassi recolleu o Premio en Vigo Mención especial para Macamen Blanco Gracia, polo seu "compromiso cívico na loita pola liberdade e a democracia", e polo seu traballo no feminismo.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Grupo de Estudios sobre a Condición da Muller Alecrín

Categoría:Vigo Alecrín-Alacrán