As fervenzas de Krushuna (en ) son unha serie de fervenzas no norte de Bulgaria, preto da aldea de Krushuna, no concello de Letnitsa, a 34 km da cidade de Lovech. Son famosas pola súa paisaxe pintoresca e están formadas por moitos travertinos.

É un espazo turístico cun camiño que leva á cova onde nace o río. Existen outras dúas fervenzas máis cativas na área, unha delas chamadas Malkata Maara. Algunhas outras covas atópanse nas zonas dos arredores - Urushka Maara, Gornik, cova de Devetashka.

Os resto do mosteiro de Hesychast, do século XIII-XIV, que se atopan na área, pertence á época do Segundo Imperio Búlgaro.

Galería de imaxes

Notas

Categoría:Fervenzas de Bulgaria