Rami Said Malek (|ˈrɑːmi ˈmælɪk|), nado nos Ánxeles o 12 de maio de 1981, é un actor estadounidense. O papel co que se deu a coñecer foi co hacker Elliot Alderson na serie de televisión de USA Network Mr. Robot (2015), polo que recibiu varios premios, incluído un Emmy ao mellor actor nunha serie dramática. En 2018, interpretou a Freddie Mercury no filme biográfico Bohemian Rhapsody, polo que tamén gañou varios premios, entre eles o Oscar, o Globo de Ouro e o premio da BAFTA. Foi o primeiro actor de orixe exipcia que gañou o Oscar ao mellor actor.

Traxectoria Malek naceu e creceu nos Ánxeles (California), de pais inmigrantes exipcios e estudou teatro na Universidade de Evansville en Indiana. Comezou a súa carreira en papeis secundarios no cinema e na televisión, entre eles a telecomedia da Fox The War at Home (2005–2007), a miniserie de HBO The Pacific (2010) e a triloxía Night at the Museum (2006–2014).

Notas

Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Nados en 1981 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de California Categoría:Estadounidenses de ascendencia africana Categoría:Estadounidenses de ascendencia grega Categoría:Óscar ó mellor actor