Os paxaros (en ) é un filme estadounidense de 1963 dirixido e producido por Alfred Hitchcock. Está vagamente baseado na historia de 1952 do mesmo nome de Daphne du Maurier. A historia céntrase nunha serie de sucesos violentos e inexplicables relacionados con ataques de paxaros en Bodega Bay, California. O filme conta con Rod Taylor e Tippi Hedren nos papeis principais, e con Jessica Tandy, Suzanne Pleshette e Veronica Cartwright nos secundarios. O guión é obra de Evan Hunter, a quen Hitchcock encargou desenvolver novas personaxes e unha trama máis elaborada pero mantendo o título e concepto dos ataques de paxaros sen explicación.

En 2016, Os paxaros foi declarado "cultural, histórico ou esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso, e foi escollido para a súa preservación polo National Film Registry.

Personaxes

Tippi Hedren como Melanie Daniels Rod Taylor como Mitchell "Mitch" Brenner Jessica Tandy como Lydia Brenner Suzanne Pleshette como Annie Hayworth Veronica Cartwright como Cathy Brenner Ethel Griffies como Mrs. Bundy Charles McGraw como Sebastian Sholes Lonny Chapman como Deke Carter Doreen Lang como nai histérica Karl Swenson como "profeta" bébedo Joe Mantell como home de negocios cínico Ruth McDevitt como Mrs. MacGruder Malcolm Atterbury como axente Al Malone John McGovern como Mail Clerk Richard Deacon como veciño de Mitch en San Francisco Elizabeth Wilson como Helen Carter Doodles Weaver como pescador que axuda no bote William Quinn como Sam Alfred Hitchcock como o home que camiña cos cans (cameo)Maxford 2002, p.45 Morgan Brittany como nena da escola (sen acreditar) Jeannie Russell como nena da escola (sen acreditar) Darlene Conley como camareira (sen acreditar) Dallas McKennon como Sam o cociñeiro (sen acreditar)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

du Maurier, Daphne (2004). The Birds. Londres: Virago Press. ISBN 978-1-84408-087-8.

Hedren, Tippi (2017). Tippi: A Memoir. Nova York: HarperCollins Publisher. . Hitchcock, Alfred; Gottlieb, Sidney, ed. (1997). Hitchcock on Hitchcock: Selected Writings and Interviews by Alfred Hitchcock. California: University of California Press. .

Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 1963 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Alfred Hitchcock Categoría:Filmes sobre animais Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1963 con versión en galego