O Minute Maid Park, antes coñecido como The Ballpark at Union Station, Enron Field e Astros Field, é un parque de béisbol situado no centro de Houston, Texas (Estados Unidos). Foi inaugurado no 2000 para albergar os partidos como local dos Houston Astros, equipo da Major League Baseball (MLB). Este estadio é o primeiro na cidade de Houston con teito retractábel. O seu céspede é natural. O recinto foi construído como substituto do Astrodome, o primeiro estadio do mundo cuberto cunha cúpula. O nome do estadio é debido ao patrocinio da compañía de bebida Minute Maid, a cal adquiriu en 2002 os dereitos de nome por un período de trinta anos e 100 millóns de dólares. Actualmente o recinto conta con capacidade para 41.168 espectadores.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Houston Houston Astros Astrodome

Ligazóns externas Páxina web do estadio en astros.com Minute Maid Park Seating Chart

Categoría:Houston Astros Categoría:Estadios da MLB