Colville Young, nado na Cidade de Belize o 20 de novembro de 1932, é un político e escritor belizense, que ocupou o cargo de gobernador xeral de Belize dende o 17 de novembro de 1993 até o 30 de abril de 2021. Substituíu a Elmira Minita Gordon.
Colville foi un dos fundadores do Partido Liberal, unha formación política de curta vida que terminou por unirse ó Partido Democrático Unido. Interesouse polo desenvolvemento das institucións educativas do seu país e nos anos 80 chegou a ser presidente do University College of Belize. Publicou diversos libros sobre literatura belizense, así como poemas e libros de relatos curtos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Gobernador Xeral de Belize
Categoría:Nados en 1932 Categoría:Nados en Belize Categoría:Gobernadores Xerais de Belize