Os bengalís (en ) son un grupo étnico indoario orixinario da rexión de Bengala, no sur de Asia, specificamente na parte leste do subcontinente indio, no presente dividida entre Bangladesh e os estados indios de Bengala Occidental, Tripura e o val de Barak en Assam. Falan bengalí, unha lingua da familia indoaria. O termo "bengalí" tamén é empregado para describir á poboación de Bangladesh como unha nación.
Os bengalís son o terceiro grupo étnico meirande do mundo, despois dos chineses han e os árabes.Arredor de 163 millóns en Bangladesh e 100 millóns na India (CIA Factbook estimacións de 2014, os números son suxeito do rápido crecemento da poboación); arredor de 3 millóns en Oriente Medio, 1 millón en Paquistán e 0,4 millóns no Reino Unido. Alén de Bangladesh e os estados indios de Bengala Occidental, Tripura e Assam, tamén hai poboación de maioría bengalí no territorio das illas Andaman e Nicobar así como en Chittagong Hill Tracts (que orixinalmente non formaba parte de Bengala), con poboacións significativas en Arunachal Pradesh, Delhi, Chhattisgarh, Jharkhand, Meghalaya, Mizoram, Nagaland e Uttarakhand. Existe unha importante diáspora bengalí en todo o mundo, con comunidades importantes en Paquistán, nos Estados Unidos de América, no Reino Unido, no Canadá, no Oriente Medio, no Xapón, en Corea do Sur, en Malaisia, Singapur e Italia.
Teñen catro grupo relixiosos principais: musulmáns, hindús, cristiáns e budistas.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Grupos étnicos da India Categoría:Grupos étnicos de Bangladesh