O α-caroteno é unha forma de caroteno cun anel de β-ionona nun extremo e un anel de α-ionona no extremo oposto. É a segunda forma máis común de caroteno.

Fisioloxía humana Fixéronse estudos en adultos norteamericanos e chineses, nos que se observou que a concentración media de α-caroteno no soro sanguíneo era de 4,71 µg/dL. Por sexos, nos homes era de 4,22 µg/dL e nas mulleres 5,31 µg/dL.Alpha-carotene Linked to Lower Mortality Rates , Tufts Health and Nutrition Letter, March 2011

Fontes dietarias Os seguintes vexetais son ricos en alfa-caroteno: Vexetais amarelos-laranxas: cenoiras, patacas doces, cabazas. Vexetais verdes escuros: brócoli, feixóns verdes, chícharos, espinacas, follas de grelos, verzas, leituga, aguacate.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Beta-caroteno

Categoría:Carotenoides Categoría:Tetraterpenos