Marina Abramović (en , |marǐːna abrǎːmoʋitɕ|), nada en Belgrado o 30 de novembro de 1946 é unha artista de performance, escritora e directora e produtora de filmes artísticos serbia. A súa obra explora a arte corporal, a endurance art e a arte feminista, a relación entre o intérprete e o público, os límites do corpo e as posibilidades da mente. Activa durante catro décadas, Abramović defínese a ela mesma como "a avoa da arte das performances". Foi pioneira nunha nova noción de identidade facendo participar os observadores, centrándose en "confrontar a dor, o sangue e os límites físicos do corpo".

Traxectoria Abramović naceu en Belgrado, Iugoslavia en 1946. Nunha entrevista describiu a súa familia como "burguesía vermella". O seu tío avó foi great-uncle was Varnava Rosić, patriarca da igrexa ortodoxa serbia.Judith Thurman, Profiles, "Walking Through Walls," The New Yorker, 8 de marzo de 2010, páx. 24. Os seus pais, Danica Rosić e Vojin Abramović foron partisanos durante a segunda guerra mundial. Trala guerra convertéronse en "heroes nacionais" e déronlle postos no goberno iugoslavo de posguerra.

Abramović foi criada polos seus avós ata que tivo seis anos. A súa avoa era fondamente relixiosa e Abramović "pasou a [súa] infancia nunha igrexa seguindo os rituais da [súa] avoa... candeas pola mañá, o sacerdote vindo en diferentes ocasións". Aos seis anos, cando naceu o seu irmán, comezou a vivir cos seus pais e a tomar leccións de piano, francés e inglés. Aínda que non recibiu clases de arte, tivo un interese temperán na materia e de nena gozaba pintando.

A vida no fogar parental baixo a estrita supervisión da súa nai foi difícil. Cando Abramović era nena, a súa nai golpeouna, por "supostamente fanfurriñar". Nunha entrevista publicada en 1998, describiu como a súa "nai tomou control de estilo militar sobre min e o meu irmán. Non se me permitiu saír da casa despois das dez da noite ata que non tiven 29 anos... Todas as intervencións que fixen en Iugoslavia foron antes das dez porque tiña que estar na casa a esa hora. É completamente tolo, pero todos os autocortes, automalleiras, autoqueimaduras, case perdín a vida en The Firestar... se todo fixo antes das dez da noite".Citada en Thomas McEvilley, "Stages of Energy: Performance Art Ground Zero?" in Abramović, Artist Body, [Charta, 1998].

En 2013, Abramović dixo que "a miña nai e o meu pai tiveron un matrimonio horrible". Describindo un incidente en que o seu pai esmagou doce copas de champaña e marchou da casa, dixo "foi o momento máis horroroso da miña infancia".

Estudou na Academia de Belas Artes de Belgrado entre 1965 e 1970. Completou os seus estudos de posgrao na Academia de Belas Artes de Zagreb en 1972. Volveu a Serbia e entre 1973 e 1975 foi profesora da Academia de Belas Artes de Novi Sad, mentres realizaba as súas interpretacións en solitario.

Despois de estar casada con Neša Paripović entre 1971 e 1976, marchou a Ámsterdam para realizar unha peza e decidiu establecerse alí permanentemente.

En 1990–1995 Abramović foi profesora visitante na Académie des Beaux-Arts de París e na Universidade das Artes de Berlín. En 1992–1996 foi profesora visitante na Hochschule für bildende Künste Hamburg e entre 1997–2004 foi profesora de performance na Hochschule für bildende Künste Braunschweig. Algúns dos seus estudantes máis coñecidos foron Sebastian Bieniek e Chiharu Shiota.

En 2021, recibiu o Premio Princesa de Asturias das Artes.

Obras principais Rhythm 10 (1973) Rhythm 5 (1974) Rhythm 2 (1974) Rhythm 4 (1974) Rhythm 0 (1974) Cleaning the Mirror (1995) Spirit Cooking (1996)

Obras con Ulay En 1976, despois de mudarse a Amsterdam, Abramović coñeceu o artista alemán Uwe Laysiepen, coñecido polo nome de Ulay. Ese mesmo ano comezaron a vivir e actuar xuntos nas seguintes obras: Relation in Space (1976) Relation in Movement (1977) Relation in Time (1977) Breathing in/breathing out (1977) Imponderabilia (1977, 2010) AAA-AAA (1978) Rest Energy (1980) Nightsea Crossing (1981-1987)

Colaboracións Abramović mantén amizade co actor James Franco, que a entrevistou para The Wall Street Journal en 2009. Franco visitou a Abramović durante "The Artist Is Present" en 2010. Os dous asistiron xuntos á gala do Metropolitan Costume Institute de 2012.

En xullo de 2013, Abramović traballou coa cantante Lady Gaga no seu álbum Artpop. O traballo de Gaga con Abramović, así como con artistas como Jeff Koons e Robert Wilson, amosouse nun evento titulado "ArtRave" o 10 de novembro. Ademais, ambos colaboraron en proxectos de apoio ao Marina Abramović Institute, incluíndo a participación de Gaga nun vídeo do "método Abramović" e nunha lectura continuada da novela de ciencia ficción de Stanisław Lem Solaris.

Tamén en xullo de 2013, Jay-Z exhibiu unha peza inspirada en Abramović na Pace Gallery de Nova York. Interpretou a súa obra inspirada na arte "Picasso Baby" seis horas seguidas. Durante a interpretación, Abramović e varias figuras do mundo da arte foron invitadas a bailar con el de pé cara a cara. A gravación foi logo convertida nun videoclip. Permitiu a Jay-Z adaptar "The Artist Is Present" baixo a condición de facer unha doazón ao Marina Abramović Institute. Abramović afirmou que Jay-Z non cumpriu as expectativas do acordo, describindo a actuación como unha "transacción nun só sentido". Con todo, dous anos despois, en 2015, Abramović desculpouse publicamente afirmando que non fora informada da considerable doazón de Jay-Z.

Cinema Abramović dirixiu o episodio Balkan Erotic Epic de Destricted, compilación de filmes eróticos realizado en 2006. En 2008 dirixiu o episodio Dangerous Games noutro filme recompilatorio, Stories on Human Rights. Tamén actuou na curtametraxe de cinco minutos Antony and the Johnsons: Cut the World.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Marina Abramović: The Artist Is Present at MoMA Marina Abramović: 512 Hours at the Serpentine Galleries Marina Abramović: Advice to Young Artists Video by Louisiana Channel Marina Abramović & Ulay: Living Doors of the Museum Video by Louisiana Channel The Story of Marina Abramović and Ulay Video by Louisiana Channel 47-minute in-depth interview – Marina Abramović: Electricity Passing Through Video by Louisiana Channel Abramovic SKNY Sean Kelly Gallery Marina Abramović at Art:21 https://news.artnet.com/art-world/marina-abramovic-macaron-1102277

Categoría:Nados en Belgrado Categoría:Nados en 1946 Categoría:Videoartistas Categoría:Directores de cinema de Serbia Categoría:Produtores de cinema Categoría:Personalidades da arte Categoría:Personalidades da fotografía Categoría:Premios Princesa de Asturias das Artes Categoría:Artistas feministas