Nizami Ganjavi (en , literalmente Niẓāmī de Ganja, transliterado Niẓāmī Ganjavī), Nizami Ganje'i, Nizami, ou Nezāmi, de nome formal Jamal ad-Dīn Abū Muḥammad Ilyās ibn-Yūsuf ibn-Zakkī,Mo'in, Muhammad(2006), "Tahlil-i Haft Paykar-i Nezami", Teherán.: páx. 2 nado en Ganja en 1141 e finado na mesma cidade en 1209, foi un poeta persaChelkowski, P.J (1995), “Nizami Gandjawi”, Encyclopaedia of Islam, New Ed., vol. 8: 76–81. Online Version: Chelkowski, P. "Nizami Gandjawi, jamal al-Din Abu Muhammad Ilyas b. Yusuf b. Zaki Muayyad . Encyclopaedia of Islam. Edited by: P. Bearman, Th. Bianquis, C.E. Bosworth, E. van Donzel and W.P. Heinrichs. Brill, 2008. Brill OnlineBernard Lewis, “Music of a distant drum”, Princeton University Press, 2001. Páx. 9Julie Scott Meisami, Paul Starkeym, “Encyclopedia of Arabic Literature”, Taylor & Francis, 1998. Páx. 69 sunnita, considerado o maior poeta épico romántico da literatura persa,CHARLES-HENRI DE FOUCHÉCOUR, "IRAN: Classical Persian Literature" en Encyclopædia Iranica á que levou o estilo coloquial e realista. O seu legado é amplamente apreciado e compartido por Afganistán, Azerbaidján, Irán, o Kurdistán e Tadjiikistán.
Traxectoria miniatura|Nizami Ganjavi na recepción do xa. Miniatura, 1570. Museo de Historia de Azerbaidján O seu nome persoal era IlyasC. A. (Charles Ambrose) Storey e François de Blois (2004), "Persian Literature – A Biobibliographical Survey: Volume V Poetry of the Pre-Mongol Period.", RoutledgeCurzon; 2.ª edición revisada (21 de xuño de 2004). . páx. 363 e o seu pseudónimo era Nizami e Neẓāmi. Naceu nunha área urbanaJan Rypka (Rypka, Jan. "Poets and Prose Writers of the Late Saljuq and Mongol Periods", 2n The Cambridge History of Iran, Volume 5, The Saljuq and Mongol Periods, ed., publicado en xaneiro de 1968. páx. 578 de Ganja (Imperio Selxúcida, actualmente en Azerbaidján) e crese que pasou toda a súa vida no sur do Cáucaso. Segundo De Blois, Gəncə era unha cidade que nesa época tiña unha poboación predominantemente iraniana. O historiador armenio Kirakos Gandzaketsi (c. 1200 – 1271) menciona que "a cidade estaba densamente poboada con iranianos e un pequeno número de cristiáns". Como Nizami non era un poeta da corte, non aparece nos anais das dinastías.Peter J. Chelkowski, "Mirror of the Invisible World", New York: Metropolitan Museum of Art, 1975. Os tazkerehs, recompilacións de memorias literarias que inclúen máximas de grandes poetas con información biográfica e comentarios do seu estilo refírense a el brevemente. Gran parte do material nos tazkerehs está baseado en lendas, anécdotas e rumores, polo que só se coñecen poucos feitos da vida de Nizami, e a única fonte é a súa obra, que non achega moita información persoal.
Pais Nizami quedou orfo"The Poetry of Nizami Ganjavi: Knowledge, Love, and Rhetortics", Nova York, 2001. páx. 2 moi novo e foi criado polo seu tío materno Khwaja Umar, que se responsabilizou del e lle deu unha excelente educación. A súa nai, chamada Ra'isa, era de orixe kurda.A) V.Minorsky: "Review of G. H. Darab translation of Makhzan al-Asrar" 1945 Minorsky, BSOAS., 1948, xii/2, 441–5) B) V. Minorsky, Studies in Caucasian History, Cambridge University Press, 1957. páx. 34 O seu pai, de nome Yusuf, aparece mencionado unha vez na poesía de Nizami. Nos mesmos versos indica que o nome do seu avó era Zakki. En parte da mesma obraBarazat Zanjani. “Layla va Majnun-I Nizami Ganjavi: matn-I Ilmi va intiqadi az ru-yi qadimtari nuskha-hayi khatti-I qarn-I hashtum ba zikr-i ikhtilaf-i nusakh va ma’ani lughat va tarikbat va kashf al-bayat”, Tehran, Mu’assasah-i Chap va Intisharat-i Danishgah Tehran, 1369 . páx. 28 tense considerado a palabra Mu'ayyad como un título de Zakki, mentres outros estudosos o interpretan como o nome do seu bisavó. Algunhas fontes afirman que o seu pai puidera ser de Qom. Nizami aparece mencionado tanto como persa coma iraniano.
Familia Nizami casou tres veces. A súa primeira esposa era unha moza escrava kipchak que lle foi enviada por Fakhr al-Din Bahramshah, gobernador de Darband, como parte dun agasallo. Segundo Iraj Bashiri, ela foi a esposa "máis amada" de Nizami. Con ela tivo o seu único fillo, Mohammad. Ela faleceu pouco despois de que completase a obra Khusraw o Shīrīn, cando Mohammad tiña sete anos. Nizami volve mencionar o seu fillo en Leili o Majnun engadindo que tiña catorce anos e é a "mazá dos meus ollos". En Haft Peykar tamén o menciona e aconséllalle que adquira máis responsabilidades porque o seu pai está debilitándose.
Algúns autores de finais do século XX consideran que esta esposa se chamaba Afaq. Vahid Dastgerdi parece que foi o primeiro que propuxo este nome, mais ao mesmo tempo Said Nafisi e outras fontes discuten esta interpretación procedente dun verso de Nizami, asumindo que nese verso Afaq simplemente significa "horizonte". As outras dúas esposas de Nizami faleceron prematuramente, coincidindo coa finalización dunha obra épica, o que fixo dicir ao poeta: "Deus, por que cada para cada masnavi teño que sacrificar unha esposa!".Iraj Bashiri,"The Teahouse at a Glance" – Nizami's Life and Works, 2000
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Encyclopædia Iranica, "Khamsa", Domenico Parrello E.G. Browne. Literary History of Persia. (Four volumes, 2,256 pages, and twenty-five years in the writing). 1998. Biography of Nizami Dr. Julie S. Meisami of Oxford University Jan Rypka, History of Iranian Literature. Reidel Publishing Company. 1968 . Chopra, R M, Nizami Ganjavi (1141-1209): The Greatest Master of Persian Romantic Mesnavi, 2014, Sparrow Publication, Kolkata. Christine van Ruymbeke. Science and Poetry in Medieval Persia: The Botany of Nizami's Khamsa . University of Cambridge Press, 2008. Christine van Ruymbeke. "From culinary recipe to pharmacological secret for a successful wedding night: the scientific background of two images related to fruit in the Xamse of Nezâmi Ganjavi", Festschrift in honour of Professor J.T.P. de Bruijn, Persica, Annual of the Dutch-Iranian Society, (Leiden), 2002, pp. 127–136 C. A. (Charles Ambrose) Storey and Franço de Blois (2004), "Persian Literature – A Biobibliographical Survey: Volume V Poetry of the Pre-Mongol Period.", RoutledgeCurzon; 2.ª edición revisada (21 de xuño de 2004). . K. Talattof & J.W. Clinton, The Poetry of Nizami Ganjavi: Knowledge, Love, and Rhetoric. – Nova York, 2001 Talattof, Kamran, Nizami's Unlikely Heroines: A Study of the Characterizations of Women in Classical Persian Literature. J. S. Meisami(Translator) Haft Paykar: A Medieval Persian Romance., Nova York: Oxford University Press, 1995 Johan Christoph Burgel & Christine van Ruyuymbeke, "Nizami: A Key to the Treasure of the Hakim ", Amsterdam University Press, 2011 Peter J. Chelkowski, "Mirror of the Invisible World", Nova York: Metropolitan Museum of Art, 1975
Ligazóns externas Persian Literature in Translation The Packard Humanities Institute Persian Literature in Translation The Packard Humanities Institute: Lailî and Majnûn Persian Literature in Translation The Packard Humanities Institute: Haft Paikar: TRANSLATED FROM THE PERSIAN, WITH A COMMENTARY, BY C. E. WILSON, B.A. (LOND.) Persian Literature in Translation The Packard Humanities Institute: Eskandar-Nama (The Book of Alexander) tranducido por Henry Wilberforce-Clarke
Nizami, Jamal al-Din Ilyas. A biography by Prof. Iraj Bashiri, University of Minnesota. Nezami's works in original Persian at RiRa, the Persian Digital Library Nezami's works in original Persian at Ganjoor Persian Library The Legend of Leyli and Majnun Bio: Nezami Ganjavi University of Arizona Resources on Nezami Ganjavi
Categoría:Nados en Gəncə Categoría:Nados en 1141 Categoría:Finados en 1209 Categoría:Poetas de Azerbaidján Categoría:Escritores en lingua persa Categoría:Poetas de Persia