Aitana Ocaña Morales, nada en Sant Climent de Llobregat o 27 de xuño de 1999, coñecida simplemente como Aitana, é unha cantante española. Deuse a coñecer no ano 2017, cando formou parte da novena tempada de Operación Triunfo. Obtivo o segundo posto no concurso musical, sendo unha dos seis candidatos para representar a España no Festival de Eurovisión 2018, con «Arde» en solitario e «Lo malo» en dueto coa tamén concursante Ana Guerra.
O sinxelo «Lo malo», que quedou en terceiro lugar cun 26%, acadou o número un nas listas musicais de España e obtivo catro discos de platino con 160 000 compras dixitais. Ao finalizar o concurso, Aitana asinou un contrato coa discográfica Universal Music Group e lanzou o seu sinxelo debut, «Teléfono», o cal se converteu no seu segundo sinxelo número un, que tamén acadou triplo disco de platino. O lanzamento do seu primeiro EP, «Tráiler», con temas en inglés e en español, produciuse o 30 de novembro de 2018 e xa é disco de ouro en España.
Discografía EPs 2018: "Tráiler" Sinxelos 2018: «Lo malo» (con Ana Guerra) 2018: «Teléfono» 2018: «Vas a quedarte» Colaboracións 2018: «El Mundo Entero» (con Agoney, Ana Guerra, Mimi Doblas, Raoul Vázquez e Maikel Delacalle) Bandas Sonoras 2018: «Tu pots canviar-ho tot (has de viure)» (versión de «What a Feeling», para o disco de La Marató de TV3) 2019: «Hay Algo Más» (canción da BSO de La Gran Aventura dos Lunnis y el Libro Mágico)
Categoría:Nados na provincia de Barcelona Categoría:Nados en 1999 Categoría:Cantantes de Cataluña Categoría:Concursantes de Operación Triunfo