Miriam Doblas Muñoz, nada en Madrid o 1 de abril de 1992, popularmente coñecida como Lola Índigo, é unha cantante e bailarina española. O seu primeiro sinxelo "Ya no quiero ná" alcanzou a certificación de dobre disco de platino en decembro de 2018.
Traxectoria Inicios Miriam Doblas naceu en Madrid na primavera de 1992, pero foi criada dende pequena na localidade granadina de Huétor Tájar, de onde se sente natural.
Comezou moi nova no mundo artístico, destacando a súa faceta como bailarina e coreógrafa. Foi profesora de baile e incluso chegou a participar nalgúns musicais. Como bailarina traballou na China e Os Ánxeles xunto a artistas de renome como Chris Brown, Miguel Bosé, Sweet California, Enrique Iglesias, Marta Sánchez e The Baseballs.
No ano 2010 participou no talent Fama Revolution de Cuatro.
2017: Paso por Operación Triunfo Coñecida inicialmente como Mimi ou Mimi Doblas, foi a primeira expulsada de Operación Triunfo 2017, concurso emitido en La 1 de Televisión Española en horario de máxima audiencia.
2018-presente: primeiros lanzamentos Non foi ata despois do seu paso polo concurso musical cando conseguiu certa popularidade en España, xa co nome de Lola Índigo, tras publicarse en xullo de 2018 o seu primeiro sinxelo, "Ya no quiero ná", que superou os nove millóns de reproducións en Spotify, entrou na lista dos cincuenta temas máis virais do mundo, e o videoclip acumula máis de cincuenta e un millóns de reproducións en YouTube. O tema foi definido como unha mestura de estilo trap, feminismo e funk, e ponse en escena cun corpo de baile que forma Mónica Peña, Saydi Lubanzadio, Laura Ruiz e Claudia Riera, todas elas capitaneadas por Lola Índigo e saídas do reality Fama, ¡a bailar! 2018, agás Laura Ruiz.
Ese mesmo ano, formou parte do elenco de concursantes da sétima edición de Tu cara me suena, en Antena 3 quedando en cuarto lugar.
En decembro gravou xunto ós seus compañeiros de OT 2017 Aitana, Ana Guerra, Agoney Hernández e Raoul Vázquez, e o rapeiro canario Maikel Delacalle a canción «El mundo entero» para a marca Coca Cola, xunto cun anuncio televisivo.
O 14 do mesmo mes publicou «Borracha (Remix)», canción na que colaborou xunto a Juan Magán e De la Ghetto co cantante Yera. Unha semana máis tarde, o 21 de decembro, lanzou o seu segundo sinxelo, titulado «Mujer bruja», acompañada da cantante Mala Rodríguez.
O 22 de xaneiro de 2019 publicou o sinxelo «Fuerte».
Discografía Sinxelos 2018: «Ya no quiero ná» 2018: «Mujer bruja» (con Mala Rodríguez) 2019: «Fuerte»
Colaboracións 2018: «Borracha RMX» (con Yera, Juan Magán e De la Ghetto) 2018: «El mundo entero» (con Aitana, Ana Guerra, Agoney, Raoul Vázquez e Maikel Delacalle)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Operación Triunfo 2017
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Cantantes de España