Carta a unha profesora (no orixinal en italiano, Lettera a una professoressa) é un libro de pedagoxía emancipadora escrito por Lorenzo Milani e alumnos da Escola de Barbiana, publicado en maio de 1967 pola Libreria editrice fiorentina.
Temática Explica os inicios da Escola ó mesmo tempo que formula unha crítica construtiva á escola tradicional italiana, definida como "un ospedale che cura i sani e respinge i malati" (un hospital que cura ós sans e empeora ós enfermos). Critica a falta de preocupación polos rapaces con dificultades, mentres que se favorecía ós rapaces cunha formación familiar anterior, clase esta personificada en "Pierino del dottore" (un típico rapaz, fillo dun profesional de clase alta, que xa sabía ler ó chegar á escola).
Tradución ao galego Traduciuno ao galego Carlos Acevedo en 2019 na editorial Kalandraka.)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Información sobre a edición de Kalandraka
Categoría:Pedagoxía Categoría:Ensino en Italia Categoría:Obras literarias de 1967 Categoría:Provincia de Florencia