Marguerite Pindling McKenzie, nada en Andros Sur o 26 de xuño de 1932, é unha política bahamesa, que foi Gobernadora Xeral da Mancomunidade das Bahamas dende 2014 a 2019
Foi a segunda muller Gobernadora Xeral do país despois de Ivy Dumont.
Traxectoria Marguerite McKenzie é filla de Reuben e Viola McKenzie e naceu en Andros Sur o 26 de xuño de 1932. Trasladouse a Nassau en 1946 para vivir coa súa irmá e asistiu ó Western Senior School. Converteuse en asistenta do fotógrafo Stanley Toogood.
Pouco despois, coñeceu a Lynden Pindling, quen sería primeiro ministro das Bahamas dende 1969 até 1992. A parella casou o 5 de maio de 1956 e permaneceron casados até a morte del o 26 de agosto de 2000."The life and times of Dame Marguerite Pindling, October 28th" , Bahamas Historical Society. Bahamas Weekly, 23 de outubro de 2010, A parella tivo catro fillos.
O 7 de xullo de 2014 foi anunciada como nova Gobernadora Xeral das Bahamas, sucedendo a Arthur Foulkes, e tomou posesión do cargo ó día seguinte. O seu mandato coincidiu cos dos primeiros ministros Perry Christie e Hubert Minnis.
En xuño de 2019 anunciouse que sería substituída por Cornelius A. Smith, que xurou o cargo o 28 dese mes.
Notas
Véxase tamén
Reinos da Commonwealth de Nacións
Categoría:Nados en 1932 Categoría:Nados nas Bahamas Categoría:Políticos das Bahamas Categoría:Gobernadores Xerais das Bahamas