Jerry Lee Rice, nado en Starkville (Mississippi) o 13 de outubro de 1962, é un ex xogador profesional de fútbol americano, que competiu como wide receiver na National Football League entre 1985 e 2005, principalmente para os San Francisco 49ers. Tamén xogou para os Oakland Raiders (2001–2004), os Seattle Seahawks (2004) e, aínda que en 2005 asinou polos Denver Broncos non chegou a debutar. En agosto de 2006 os 49ers volvérono contratar para un partido a modo de homenaxe, no cal foi retirado o seu dorsal 80. Traxectoria

Rice posúe récords en case todas as categorías estatísticas para xogadores da súa posición, incluíndo o de recepcións, recepcións de touchdown e iardas de recepción. Alén diso, anotou máis puntos que calquera outro xogador da historia (sen contar a posición de kicker) con 1.256. Foi escollido para a Pro Bowl en trece ocasións (1986–1996, 1998, 2002) e nomeado All-Pro en doce das súas vinte temporadas. Tamén posúe tres aneis de campión da Super Bowl. Alén diso posúe máis de 100 récords da NFL, máis que ningún outro xogador na historia por unha ampla marxe de diferenza. Seleccionado para o Pro Football Hall of Fame en 2010 e o College Football Hall of Fame en 2006, está considerado como un dos mellores wide receivers da historia do fútbol americano, senón o mellor..

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Jerry Rice no Salón da Fama da NFL

Categoría:Nados en Mississippi Categoría:Nados en 1962 Categoría:Xogadores dos San Francisco 49ers Categoría:Xogadores dos Oakland Raiders Categoría:Xogadores dos Seattle Seahawks Categoría:Xogadores dos Denver Broncos